Quizais quixo dicir:
09 Abr 2021
Un grupo de traballadores/as e representantes sindicais de Ence levou a cabo unha nova concentración onte diante da Subdelegación do Goberno en Pontevedra para instar a ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, a que concrete a data para constituír “de xeito inmediato” a mesa de traballo comprometida. Dende o comité, presidido pola CIG, demandan que nesta mesa de traballo estean representados os Gobernos español e galego, a dirección da compañía e o cadro de persoal co obxectivo de atopar unha solución definitiva que garanta o futuro de todos os postos de traballo.
18 Mar 2021
O vindeiro luns, 22 de marzo, haberá un novo seminario web sobre Palestina nestes tempos de covid, desta volta centrada na organización e a situación dos servizos públicos baixo a ocupación. O encontro está organizado pola Rede Sindical Europea pola Xustiza para Palestina, da que a CIG forma parte, e para poder participar haise que inscribir aquí. Máis información no sitio da Rede Sindical: www.etun-palestine.org.
25 Feb 2021
Os condutores da liña de Santiago-aeroporto concentráronse esta mañá diante do Pazo de Raxoi, coincidindo coa celebración do pleno municipal, para demandar do concello de Santiago que solucione dunha vez a súa situación e se asuma a subrogación por parte de TRALUSA cando saian os pregos do novo concurso para o transporte urbano de Santiago.
17 Feb 2021
A representación sindical e delegados de persoal de Galicia Téxtil asistiron hoxe ao Parlamento con motivo das preguntas que o grupo socialista realizou ao Goberno da Xunta na Comisión de Industria. Na súa resposta, o responsábel do IGAPE indicou que a Xunta mediará no conflito, algo que a representación social entende que chega tarde. Aínda así, agardan que por fin a Xunta "faga os deberes e asuma a responsabilidade das súas competencias en materia industrial para que o mantemento dos postos de traballo sexa un feito".
12 Feb 2021
Usamos cookies para mellorar a túa experiencia de navegación e uso. Consulta a nosa política de cookies e a nosa política de protección de datos. Preme en aceptar para confirmar que liches e aceptas a información presentada e pechar este cadro.