Buscar novas

Búscao nunha data (escoller mes e ano)
Filtros
Filtros hemeroteca (anterior 2016)

 

O persoal do 061 mobilízase facendo unha “caravana do desterro” contra o traslado á Estrada

A Xunta de Galiza presenta unha proposta “para romper a unidade do persoal”
Nacional
Fundación Pública de Urxencias Sanitarias grupo Norte traslado A Estrada 061

Cunha “caravana do desterro” desde o centro de traballo do 061, en San Marcos, até o edificio administrativo da Xunta de Galiza, en San Caetano, amosaron este mércores o seu malestar as traballadoras  e traballadores da Fundación Pública de Emerxencias sanitarias, 061 e o persoal da central de chamadas, que depende do Grupo Norte. Unha caravana de coches contra o traslado á Estrada á que non puido sumarse a Xunta de Persoal porque estaba nunha xuntanza convocada pola administración dun día para outro.

Ler máis »

 

Persoal estatutario e da central de chamadas do 061 exixen a Sanidade solucións polo seu traslado á Estrada

Concentráronse diante da consellaría en demanda de que o conselleiro desbloquee o conflito
Nacional
Fundación Pública de Urxencias Sanitarias 061 Grupo Norte traslado A Estrada folga indefinida

Persoal da Fundación Pública de Urxencias Sanitarias, 061, e da central de chamadas, xestionada polo Grupo Norte, concentráronse este mércores diante da consellaría de Sanidade para demandar solucións perante o seu inminente traslado á Estrada, previsto para o vindeiro día 1 de outubro.

Ler máis »

 

Demandan a Grupo Norte por vulnerar o dereito á folga do persoal do 061

A Xunta remitiu o decreto de servizos mínimos 41 minutos antes de comezar o primeiro paro
Nacional
Estrada folga traslado

A CIG vén de presentar demanda de tutela dos dereitos fundamentais pola vulneración do dereito á folga  das traballadoras e traballadores da central de chamadas do 061, xestionada por Grupo Norte, ao se decretaren uns servizos mínimos do 100% das presenzas habituais tan só 41 minutos antes de iniciarse o primeiro paro e sen posibilidade de presentar alegacións previas.

Ler máis »

 

Denuncian á Fundación Urxencias Sanitarias de Galiza, 061, por vulneración do dereito de folga

Convocan concentración o día 19 ás 12:30 horas diante da consellaría de Sanidade
Nacional
061 folga inspección dereitos fundamentais

O comité de folga do 061 vén de presentar unha denuncia perante a Inspección de Traballo contra a Fundación Urxencias Sanitarias de Galiza, 061, por vulneración do dereito de folga e liberdade sindical, por decretar uns servizos mínimos “desproporcionados” do 100%. Demanda por iso que se levante a correspondente acta de infracción en materia de vulneración dos dereitos fundamentais dos traballadores/as, con imposición da sanción que corresponda e, notificación das actuacións levadas a cabo. O persoal ten prevista a próxima mobilización para o vindeiro mércores, día 19 de setembro, ás 12:30 horas diante da consellaría de Sanidade.

Ler máis »

 

CIG recomenda o persoal de Grupo Norte acatar a orde de mínimos do SERGAS pola inseguridade xurídica xerada

Denuncia a incompetencia da consellaría por emitir unha orde, non un decreto, 45 minutos antes do paro
Nacional
061 central de chamadas servizos mínimos urxencias sanitarias

A CIG vén de recomendar ao persoal da central de chamadas do 061, concesionada a Grupo Norte, que acate a Orde de servizos mínimos emitida pola consellaría de Sanidade por mor da inseguridade xurídica na que quedan as traballadoras e traballadores. Considera que remitir esa orde –e non un decreto, como sería preceptivo- a tan só 45 minutos de se iniciar o primeiro dos paros constata a súa incompetencia e denuncia que se obriga ao persoal a manter o 100% das presenzas habituais como servizos mínimos, impedindo mesmo a presentación de alegacións. Diante desta situación a central sindical xa anunciou que presentará unha denuncia por vulneración de dereito á folga.

Ler máis »

 
Mércores, 9 Setembro 2015

CIG-Saúde denuncia que o recorte de horarios no servizo de helicópteros do 061 limita a súa operatividade para atender urxencias

O helicóptero non estivo dispoñíbel por ter rematado o seu horario, ao longo do verán, para avisos de afogamentos, paradas, accidentes ou o tráxico suceso no rally de Carral

Compostela
Social Saúde Nacional CIG-Ensino 061 urxencias helicóptero

Os helicópteros da Fundación Pública Urxencias Sanitarias 061 teñen recortada, desde o mes de marzo deste ano, a súa operatividade a tan só 12 horas. A CIG-Saúde denuncia que isto está a limitar a súa dispoñibilidade para atender urxencias nas que, se cadra, non se evitaría un fatal desenlace pero para as que si se porían ao alcance todos os medios dispoñíbeis. Segundo persoal do propio 061, o recorte da operatividade a determinadas horas do día vense repetindo ao longo deste verán para avisos de urxencias como paradas cardíacas, afogamentos ou mesmo no recente accidente do rally de Carral.

Ler máis »

 
Venres, 26 Xuño 2015

A Xunta outorga máis do 50% do concurso de ambulancias a un fondo de capital risco dun exalcalde e exdeputado provincial do PP

O BNG demandará no Parlamento a paralización do concurso e que se analice se a oferta económica garante un servizo de calidade do transporte sanitario urxente en Galiza

Compostela
Laboral FGAMT Nacional BNG ambulancias Parlamento FGAMT-CIG concurso

O representante da FGAMT-CIG, Xabier Aboi, e a deputada do BNG, Montse Pardo, comparecían este venres en rolda de prensa para denunciar as irregularidades no proceso de adxudicación do Servizo de Transporte Sanitario Terrestre Urxente. Un concurso que está xa en fase de adxudicación e que irá a parar, en máis dun 50%, a Ambuibérica, empresa participada maioritariamente por un fondo capital-risco que ten á fronte a un exalcalde e exdeputado provincial do PP en Valladolid.

Ler máis »

 
Martes, 12 Maio 2015

Os traballadores de Ambulancias do Eume acordan suspender as horas extras en protesta polos atrasos salariais

A empresa, que presta o servizo do 061 en Pontedeume, Ares, Mugardos e Monfero, está en concurso de acredores

A Coruña
Laboral FGAMT Ferrol 061 atrasos salariais FGAMT-CIG Ambulancias do Eume transporte sanitario

A FGAMT-CIG compareceu este martes en rolda de prensa para informar da situación laboral que están a padecer os traballadores de Ambulancias do Eume, que presta o servizo do 061 en Pontedeume, Ares, Mugardos e Monfero. O persoal sufre continuos atrasos no cobro dos salarios e nestes momentos a empresa –que está en concurso voluntario de acredores- ten pendente de pagarlle as nóminas de xullo, agosto, setembro e outubro do pasado ano.

 

 

Ler máis »

 
Mércores, 25 Marzo 2015

A Xunta aplica outro recorte na asistencia sanitaria ao limitar a 12 horas a operatividade dos helicópteros do 061

CIG-Saúde denuncia que o Goberno do PP confunde “a eficiencia na xestión dos recursos públicos coa redución dos mesmos”

A Coruña
Social Saúde Nacional CIG-Saúde consellaría de Sanidade emerxencias 061 recortes sanidade pública helicóptero

A CIG-Saúde alerta que, por primeira vez na historia dos helicópteros sanitarios (encargados de actuar en situacións de emerxencias sanitarias) non estarán activos dende a saída do sol até o ocaso, senón que por mor do novo contrato, pasarán a ter unha operatividade de 12 horas, “o que supón unha perda de operatividade para situacións de emerxencias de 394 horas ao ano”. 

Ler máis »

 
Martes, 24 Marzo 2015

Técnicos de emerxencias sanitarias trasládanlle aos grupos parlamentarios a necesidade dunha ambulancia medicalizada no Salnés

As xuntanzas celebráronse en Santiago no marco da campaña da FGAMT-CIG de Pontevedra para esixir maior cobertura no transporte sanitario público

Vigo
Social FGAMT Pontevedra

Técnicos/as de emerxencias sanitarias trasládáronlle hoxe aos catro grupos políticos con representación no Parlamento galego a necesidade de que a comarca do Salnés conte cunha ambulancia medicalizada. As xuntanzas celebráronse hoxe en Santiago de Compostela no marco da campaña da FGAMT-CIG de Pontevedra para esixir maior cobertura no transporte sanitario público.

Ler máis »

I feel so free!