Buscar novas

Búscao nunha data (escoller mes e ano)
Filtros
Filtros hemeroteca (anterior 2016)

 

O persoal do 061 discriminado nos procesos do SERGAS porque non puntúan os cursos de prevención de Quirón

O 061 négase a buscar unha solución ou a cambiar o servizo de prevención privado por un público
Nacional
061 Fundación Pública de Urxencias Sanitarias procesos selectivos Quirón Prevención SERGAS

Nos procesos de selección do SERGAS puntúan os cursos de prevención de riscos laborais. O persoal do 061, como conta cun servizo de prevención alleo, Quirón Prevención, fai con esta entidade os seus cursos. Porén o SERGAS, neses procesos, só puntúa os realizados con entidades públicas, impedindo ao persoal do 061 concorrer en igualdade de condicións respecto do resto de persoal estatutario.

Ler máis »

 

Ourense leva sen helicóptero medicalizado desde o 1 de outubro ás 17:00 horas

A zona Sur de Galiza queda sen posibilidade de transporte aéreo urxente
Ourense
ambulancia medicalizada emerxencias 061 helicóptero concesión

Ás 17:00 horas do pasado sábado, día 1 de outubro, Ourense quedaba sen helicóptero medicalizado. Iso significa que a área sur de Galiza queda sen posibilidade de transporte aéreo urxente medicalizado. Unha situación que a día de hoxe persiste dependendo todo o país dun único helicóptero con sede en Santiago.

Ler máis »

 

Persoal do centros de chamadas reclama un convenio que dignifique as súas condicións laborais e salariais

Nacional
centros de chamadas CIG-BANCA convenio colectivo folga negociación colectiva Telemárketing

Traballadoras e traballadores dos centros de chamadas de Galiza están secundando este martes a quinta xornada de folga en demanda dun convenio colectivo que dignifique as condicións laborais e salariais no sector. A folga, convocada pola CIG, está rexistrando un seguimento de máis do 50% do persoal. Ademais, con motivo do paro, a central nacionalista realizou concentracións nas cidades da Coruña e  Vigo e diante do Centro de Integrado de Emerxencias da Estrada.

Ler máis »

 

A CIG-Saúde rexeita as propostas do Sergas en recursos humanos para a Atención Primaria

Trátase de medidas excepcionais que non solucionan os problemas estruturais de falta de persoal
Nacional
Mesa Sectorial sanidade sanidade pública

A CIG-Saúde trasladou o seu rexeitamento en materia de recursos humanos para a Atención Primaria achegadas polo Sergas na Mesa Sectorial de Sanidade celebrada onte ao tratarse de medidas excepcionais que non solucionan os problemas estruturais de falta de persoal.

Ler máis »

 

O Morrazo -

Alertan do aumento no tempo de asistencia das emerxencias sanitarias no Morrazo por falta de ambulancias do 061

A CIG considera “imprescindíbel e urxente” reforzar o servizo
O Morrazo
061 ambulancias emerxencias 061

A CIG alerta do aumento no tempo de asistencia das emerxencias sanitarias no Morrazo como consecuencia da falta de ambulancias do 061, unha problemática que se agrava durante o verán, tal e como denuncia o persoal sanitario, que incide na “grave situación” que se vive na comarca pola escaseza de vehículos de emerxencias. Diante disto, na central sindical consideran “imprescindíbel e urxente” o reforzo do servizo e acusan o Sergas de ocultar datos sobre a verdadeira realidade da asistencia extrahospitalaria na zona.

Ler máis »

 
Mércores, 9 Setembro 2015

CIG-Saúde denuncia que o recorte de horarios no servizo de helicópteros do 061 limita a súa operatividade para atender urxencias

O helicóptero non estivo dispoñíbel por ter rematado o seu horario, ao longo do verán, para avisos de afogamentos, paradas, accidentes ou o tráxico suceso no rally de Carral

Compostela
Social Saúde Nacional CIG-Ensino 061 urxencias helicóptero

Os helicópteros da Fundación Pública Urxencias Sanitarias 061 teñen recortada, desde o mes de marzo deste ano, a súa operatividade a tan só 12 horas. A CIG-Saúde denuncia que isto está a limitar a súa dispoñibilidade para atender urxencias nas que, se cadra, non se evitaría un fatal desenlace pero para as que si se porían ao alcance todos os medios dispoñíbeis. Segundo persoal do propio 061, o recorte da operatividade a determinadas horas do día vense repetindo ao longo deste verán para avisos de urxencias como paradas cardíacas, afogamentos ou mesmo no recente accidente do rally de Carral.

Ler máis »

 
Venres, 26 Xuño 2015

A Xunta outorga máis do 50% do concurso de ambulancias a un fondo de capital risco dun exalcalde e exdeputado provincial do PP

O BNG demandará no Parlamento a paralización do concurso e que se analice se a oferta económica garante un servizo de calidade do transporte sanitario urxente en Galiza

Compostela
Laboral FGAMT Nacional BNG ambulancias Parlamento FGAMT-CIG concurso

O representante da FGAMT-CIG, Xabier Aboi, e a deputada do BNG, Montse Pardo, comparecían este venres en rolda de prensa para denunciar as irregularidades no proceso de adxudicación do Servizo de Transporte Sanitario Terrestre Urxente. Un concurso que está xa en fase de adxudicación e que irá a parar, en máis dun 50%, a Ambuibérica, empresa participada maioritariamente por un fondo capital-risco que ten á fronte a un exalcalde e exdeputado provincial do PP en Valladolid.

Ler máis »

 
Martes, 12 Maio 2015

Os traballadores de Ambulancias do Eume acordan suspender as horas extras en protesta polos atrasos salariais

A empresa, que presta o servizo do 061 en Pontedeume, Ares, Mugardos e Monfero, está en concurso de acredores

A Coruña
Laboral FGAMT Ferrol 061 atrasos salariais FGAMT-CIG Ambulancias do Eume transporte sanitario

A FGAMT-CIG compareceu este martes en rolda de prensa para informar da situación laboral que están a padecer os traballadores de Ambulancias do Eume, que presta o servizo do 061 en Pontedeume, Ares, Mugardos e Monfero. O persoal sufre continuos atrasos no cobro dos salarios e nestes momentos a empresa –que está en concurso voluntario de acredores- ten pendente de pagarlle as nóminas de xullo, agosto, setembro e outubro do pasado ano.

 

 

Ler máis »

 
Mércores, 25 Marzo 2015

A Xunta aplica outro recorte na asistencia sanitaria ao limitar a 12 horas a operatividade dos helicópteros do 061

CIG-Saúde denuncia que o Goberno do PP confunde “a eficiencia na xestión dos recursos públicos coa redución dos mesmos”

A Coruña
Social Saúde Nacional CIG-Saúde consellaría de Sanidade emerxencias 061 recortes sanidade pública helicóptero

A CIG-Saúde alerta que, por primeira vez na historia dos helicópteros sanitarios (encargados de actuar en situacións de emerxencias sanitarias) non estarán activos dende a saída do sol até o ocaso, senón que por mor do novo contrato, pasarán a ter unha operatividade de 12 horas, “o que supón unha perda de operatividade para situacións de emerxencias de 394 horas ao ano”. 

Ler máis »

 
Martes, 24 Marzo 2015

Técnicos de emerxencias sanitarias trasládanlle aos grupos parlamentarios a necesidade dunha ambulancia medicalizada no Salnés

As xuntanzas celebráronse en Santiago no marco da campaña da FGAMT-CIG de Pontevedra para esixir maior cobertura no transporte sanitario público

Vigo
Social FGAMT Pontevedra

Técnicos/as de emerxencias sanitarias trasládáronlle hoxe aos catro grupos políticos con representación no Parlamento galego a necesidade de que a comarca do Salnés conte cunha ambulancia medicalizada. As xuntanzas celebráronse hoxe en Santiago de Compostela no marco da campaña da FGAMT-CIG de Pontevedra para esixir maior cobertura no transporte sanitario público.

Ler máis »

I feel so free!