Buscar novas

Búscao nunha data (escoller mes e ano)
Filtros
Filtros hemeroteca (anterior 2016)

 

O persoal de Ambulancias Casablanca acorda iniciar mobilizacións ante o deterioro das condicións de traballo

Denuncian os incumprimentos da empresa, despedimentos e presións
Compostela
ambulancias ambulancias do Cantábrico Casablanca

Os traballadores de Ambulancias Casablanca, SL decidiron en asemblea iniciar mobilizacións ante os sucesivos incumprimentos e deterioro das condicións de traballo nesta empresa. As datas concretaranse nos vindeiros días, pero xa advirten que “rematarán na convocatoria dunha folga e mobilizacións en toda a UTE se non se soluciona este conflito”.

Ler máis »

 

A CIG-Saúde denuncia o incumprimento, unha vez mais, do contrato de servizo de transporte sanitario aéreo do 061

O helicóptero con base en Santiago estará inoperativo do 15 ao 19 de abril
Nacional
central de emerxencias 112 emerxencias 061 urxencias sanitarias helicóptero

A CIG-Saúde vén de denunciar que o helicóptero medicalizado con base en Santiago H3 está inoperante dende onte luns 15 de abril, ás 13:00 horas, e que non se agarda que volva estar operativo até o venres día 19 deste mes. Aínda que os pregos do servizo establecen que a empresa adxudicataria debe dispor dun aparello de substitución, ELIANCE HELICOPTER GLOBAL SERVICES, S.L.  non vai cumprir está cláusula dos pregos.

Ler máis »

 

A CIG denuncia que Lucus Logística aínda non abonou a nómina de marzo ao seu persoal

Lugo
061 ambulancias FGAMT-CIG transporte sanitario

A CIG denuncia que a empresa Lucus Logística SL, que se encarga da xestión das bases de ambulancias do servizo de transporte urxente do 061 das localidades de Navia de Suarna, Palas de Rei, Guitiriz, Sarria, Becerreá e Pedrafita do Cebreiro non lles abonou aínda aos seus 50 traballadores e traballadoras  a nómina do mes de marzo.

Ler máis »

 

O persoal do 061 e do servizo de ambulancias non urxente de Vigo denuncia atrasos nas nóminas

A representación sindical comunicaralle á Xunta a situación da empresa e reclamará a xestión directa por parte da Consellaría
Vigo
061 Ambulancias do Atlántico

O persoal da empresa Ambulancias do Atlántico, actual concesionaria do 061 en Vigo, Cangas e Moaña e que tamén presta o servizo de transporte sanitario dos hospitais para toda a área sanitaria de Vigo, denunciou este venres perante a Inspección de Traballo que leva un ano enteiro acumulando atrasos no abono dos seus salarios.

Ler máis »

 

A Xunta saca a concurso o servizo de ambulancias urxente e a metade dos lotes quedan desertos por estar infradotados economicamente

CIG, CCOO, UGT e USO non descartan mobilizacións polas consecuencias laborais e sociais
Nacional
ambulancias urxente concurso licitación Xunta de Galiza Partido Popular

A Xunta sacou a concurso, o pasado mes de decembro, a concesión do servizo de transporte sanitario urxente do 061 (ambulancias). A baixa dotación económica, que impide o cumprimento do convenio colectivo e a prestación do servizo en condicións axeitadas, provocou que dos 13 lotes que se licitaban, 5 quedaran desertos ao non se presentar nin unha soa oferta. Por iso esta mañá CIG, CCOO, UGT e USO compareceron en rolda de prensa para denunciar a gravidade da situación e advertir que, de non se resolver, o sector iniciará mobilizacións.

Ler máis »

 
Luns, 24 Marzo 2008

O doutor Bayo de Enrique é condenado pola agresión a unha muller durante unha protesta sindical

Trátase do propietario da clínica xinecolóxica Arggora, en A Coruña

A Coruña
Laboral A Coruña A Coruña condena agresión Bayo de Enrique
O Xulgado de Instrución número 1 de A Coruña condenou o doutor José Ángel Bayo de Enrique, propietario da clínica xinecolóxica Arggora, por agredir unha muller durante unha protesta que a CIG realizara ás portas do seu centro médico o 8 de marzo do ano pasado.

Ler máis »

I feel so free!