Buscar novas

Búscao nunha data (escoller mes e ano)
Filtros
Filtros hemeroteca (anterior 2016)

 

A CIG-Saúde denuncia o incumprimento, unha vez mais, do contrato de servizo de transporte sanitario aéreo do 061

O helicóptero con base en Santiago estará inoperativo do 15 ao 19 de abril
Nacional
central de emerxencias 112 emerxencias 061 urxencias sanitarias helicóptero

A CIG-Saúde vén de denunciar que o helicóptero medicalizado con base en Santiago H3 está inoperante dende onte luns 15 de abril, ás 13:00 horas, e que non se agarda que volva estar operativo até o venres día 19 deste mes. Aínda que os pregos do servizo establecen que a empresa adxudicataria debe dispor dun aparello de substitución, ELIANCE HELICOPTER GLOBAL SERVICES, S.L.  non vai cumprir está cláusula dos pregos.

Ler máis »

 

A CIG denuncia que Lucus Logística aínda non abonou a nómina de marzo ao seu persoal

Lugo
061 ambulancias FGAMT-CIG transporte sanitario

A CIG denuncia que a empresa Lucus Logística SL, que se encarga da xestión das bases de ambulancias do servizo de transporte urxente do 061 das localidades de Navia de Suarna, Palas de Rei, Guitiriz, Sarria, Becerreá e Pedrafita do Cebreiro non lles abonou aínda aos seus 50 traballadores e traballadoras  a nómina do mes de marzo.

Ler máis »

 

O persoal do 061 e do servizo de ambulancias non urxente de Vigo denuncia atrasos nas nóminas

A representación sindical comunicaralle á Xunta a situación da empresa e reclamará a xestión directa por parte da Consellaría
Vigo
061 Ambulancias do Atlántico

O persoal da empresa Ambulancias do Atlántico, actual concesionaria do 061 en Vigo, Cangas e Moaña e que tamén presta o servizo de transporte sanitario dos hospitais para toda a área sanitaria de Vigo, denunciou este venres perante a Inspección de Traballo que leva un ano enteiro acumulando atrasos no abono dos seus salarios.

Ler máis »

 

A Xunta saca a concurso o servizo de ambulancias urxente e a metade dos lotes quedan desertos por estar infradotados economicamente

CIG, CCOO, UGT e USO non descartan mobilizacións polas consecuencias laborais e sociais
Nacional
ambulancias urxente concurso licitación Xunta de Galiza Partido Popular

A Xunta sacou a concurso, o pasado mes de decembro, a concesión do servizo de transporte sanitario urxente do 061 (ambulancias). A baixa dotación económica, que impide o cumprimento do convenio colectivo e a prestación do servizo en condicións axeitadas, provocou que dos 13 lotes que se licitaban, 5 quedaran desertos ao non se presentar nin unha soa oferta. Por iso esta mañá CIG, CCOO, UGT e USO compareceron en rolda de prensa para denunciar a gravidade da situación e advertir que, de non se resolver, o sector iniciará mobilizacións.

Ler máis »

 

Cinco dos principais contratos de ambulancias do 061 poden quedar desertos

Nacional
ambulancias FGAMT-CIG transporte sanitario

As centrais sindicais  trasladan a súa preocupación ante a posibilidade de que cinco contratos do 061, precisamente os que atenden algunhas das zonas máis poboadas do país, queden desertos debido á falta de dotación económica suficiente para  cubrir os custes reais.

Ler máis »

 
Luns, 2 Marzo 2015

Persoal de Povisa iniciará unha folga de fame indefinida contra o despedimento de 13 compañeiros/as

A asemblea de traballadores/as apostou hoxe por convocar un calendario de mobilizacións

Vigo
Laboral Saúde Vigo

Membros do comité de empresa do hospital Povisa de Vigo acompañarán a un dos traballadores despedidos na folga de fame indefinida que ten previsto iniciar o vindeiro 16 de marzo, un día despois de que se faga efectiva a rescisión de 13 contratos que vén de anunciar a dirección. Os empregados/as do centro médico apostaron hoxe en asemblea por iniciar un calendario de mobilizacións que tivo a súa primeira cita nada máis rematar a xuntanza, cunha concentración na entrada do servizo de Urxencias.

Ler máis »

 
Martes, 17 Febreiro 2015

A CIG reclamaralle a Sanidade que recupere o servizo de ambulancias as 24 horas en Marín

Representantes da central e dos traballadores/as manterán unha xuntanza con responsábeis da Xunta en Santiago este xoves

Vigo
Social FGAMT Pontevedra

A FGAMT-CIG reclamaralle aos responsábeis da Consellería de Sanidade que recupere o servizo de ambulancias as 24 horas en Marín “porque os recortes aplicados polo PP nesta materia dende 2011 están a prexudicar tanto a esta localidade como a toda a comarca de Pontevedra”. Representantes da central manterán unha xuntanza con responsábeis da Xunta en Santiago este xoves para abordar esta problemática.

Ler máis »

 
Venres, 31 Outubro 2014

A CIG insta a Xunta a cooperar na loita internacional para frear en orixe a epidemia do virus do ébola

A federación de Saúde critica a actitude triunfalista das Administracións e denuncia que os profesionais galegos/as non están preparados/as para afrontar a enfermidade

Vigo
Social Saúde Vigo

A federación de Saúde da CIG esíxelle ao Goberno galego que modifique radicalmente a súa actitude “triunfalista e frívola” diante da crise do ébola e pase a ser un elemento activo para a resolución do problema “cooperando na loita internacional para frear a epidemia en orixe”. Dende a central nacionalista denuncian que os profesionais sanitarios/as galegos/as non contan aínda coa preparación suficiente para enfrontar a enfermidade.

Ler máis »

 
Luns, 20 Outubro 2014

“A única formación do persoal de ambulancias para afrontar un caso de ébola é un folleto con evidentes contradicións”

As organizacións sindicais reclaman do 061 e das empresas información, equipos de protección e formación práctica adecuada

A Coruña
Laboral FGAMT Nacional ambulancias 061 CIG-Transportes FGAMT-CIG riscos laborais Ébola

As organizacións sindicais CIG, CCOO e UGT denunciaron este luns a falta de información e formación práctica entre os traballadores e traballadoras do transporte sanitario urxente de Galiza para poder afrontar a un posíbel caso de ébola en condicións de seguridade.

Ler máis »

 
Venres, 10 Outubro 2014

O SERGAS limítase a colgar un protocolo na súa Intranet para informar ao persoal sobre como actuar fronte ao ébola

A CIG-Saúde denuncia que practicamente en ningún caso se fixeron simulacros prácticos de cómo pór e quitar un traxe, nin sequera no centro de referencia, o Meixoeiro

Compostela
Laboral Saúde Nacional CIG-Saúde SERGAS protocolo Ébola

A CIG-Saúde denuncia que existe unha total falta de formación e adestramento do persoal no que se refire a todo o relacionado co virus do Ébola. “A percepción do persoal é que o único que fixo a Consellería ao respecto foi colgar os protocolos na intranet do SERGAS e cando algún persoal se interesa pola cuestión, remiten a estes  protocolos”, afirman.  A isto engade que “sabemos que o papel o aguanta todo, mais por colgar un protocolo na intranet non significa que o persoal estea xa formado. Precísase adestramento ademais de palabras escritas nun papel”.

Ler máis »

I feel so free!