Buscar novas

Búscao nunha data (escoller mes e ano)
Filtros
Filtros hemeroteca (anterior 2016)

 

A loita do persoal de Ferroatlántica recibe o Premio 10 de Marzo

Carril chama á mobilización para “conquistar o dereito a vivir e traballar na nosa terra”
Nacional
10 de marzo centrais hidroelectricas Ferroatlántica Premio 10 de Marzo premios

No marco dun acto de confraternidade no que participaron, ademais dos membros do Consello Confederal da CIG, representantes da vida política, social e cultural de Galiza, entregáronse os Premios do 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega, e do 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora. Os galardoados este ano, foron, no primeiro caso, os traballadores e traballadoras de Ferroatlántica de Cee, Dumbría e Centrais Hidroeléctrica. No segundo, as traballadoras de Bershka. Ademais a central sindical recoñeceu cunha mención especial a loita do persoal do 112, que mantivo unha folga de 83 días que fixo posíbel que se lles recoñecera todo o que reclamaban.

Ler máis »

 

A CIG outórgalle o Premio 8 de Marzo á loita das traballadoras de Bershka

Margarida Corral salienta a súa valentía para "enfrontarse e plantarlle cara ao xigante Inditex”
Nacional
8 de marzo Bershka Premio 8 de Marzo premios

A Confederación Intersindical Galega outorgou, na edición deste ano, o Premio 8 de Marzo ás traballadoras de Bershka de Pontevedra. Un grupo de mulleres moi novas que, tal e como salientou a secretaria das Mulleres da CIG, Margarida Corral, “foron as primeiras en enfrontarse e plantarlle cara ao xigante Inditex” e en conseguir, tras nove días de folga indefinida, un acordo coa empresa para rematar coa discriminación salarial e acadar todas as medidas sociais relativas a conciliación familiar e a incapacidade permanente do resto do persoal doutras provincias: permisos, excedencias, tempo de descanso ou lactación.

Ler máis »

 

Premio “8 de Marzo” para María López pola súa loita contra os abusos laborais en Mercadona

Marga Corral reivindica o Día da Muller 'Traballadora' como unha data de “combate” e loita polo dereitos
Nacional
8 de marzo Mercadona Premio

María López Alejos, que destapou as condicións laborais e a vulneración da liberdade sindical en Mercadona recibiu, este venres, o Premio “8 de Marzo” por ser, segundo a describiu a secretaria das Mulleres da CIG, Margarida Corral, “unha muller valente que, desde o inicio denunciou que Mercadona é unha empresa cun marcado carácter sectario, onde existe unha falta total de liberdade e onde predomina a cultura do medo”.

Ler máis »

 

A loita en Extel en defensa do emprego e contra a precariedade recibe o Premio “10 de Marzo”

Seixo: “Ao longo do ano son miles os traballadores/as que loitan polos seus dereitos e condicións laborais”
Nacional
Extel Premio

A loita que en 2016 desenvolveron as traballadoras e traballadores de Extel contra un ERE que desde o primeiro momento sabían que era unha fraude mereceu o máximo recoñecemento que a CIG outorga cada ano co Premio “10 de marzo”. Un conflito do que o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, salientou que exemplifica as múltiples loitas, non poucas veces silenciadas, que ao longo do ano protagonizan as traballadoras e traballadores galegos.

Ler máis »

 

A CIG recoñece a loita do persoal das Contratas de Movistar co Premio do “Día da Clase Obreira Galega”

Paulo Carril: “Mentres non teñamos plena capacidade para decidir por nós mesmos vai ser difícil garantir unhas condicións de vida dignas e un posto de traballo na nosa terra”
Compostela
2016 citroen contratas Día da Clase Obreira Galega Liteyca Montelnor Premio Telefónica
A loita das contratas de Movistar, que mantiveron unha folga de máis de 40 días no caso de Montelnor e de 50 no caso de Liteyca, para exixir o cumprimento dos convenios colectivos, a limitación da subcontratación en cadea e o recoñecemento do dereito á subrogación, foi recoñecida co premio do Día da Clase Obreira Galega, que celebraba este ano a súa X Edición. Xunto a este conflito recibiron unha mención especial os conflitos de Citroen e Althenia.

Ler máis »

 
Venres, 6 Marzo 2015

A CIG recoñece co Premio “8 de marzo” a loita das traballadoras de Cleanet

A secretaria confederal de Muller, Margarida Corral, advirte que en 2015 haberá que seguir mobilizándose polo emprego, contra a precariedade laboral, a desigualdade e a emigración

Compostela
Laboral Nacional 8 de marzo Día Internacional da Muller Traballadora Premio 2015 Cleanet

A loita das traballadoras de Cleanet en demanda dun dereito tan elemental como recibir un salario polo traballo desenvolvido e a súa resposta de clase aos abusos da patronal levou á CIG a lles outorgar, na súa IX edición, o Premio “8 de Marzo”. Así o explicou Margarida Corral, secretaria confederal de Muller, quen denunciou que foi “unha loita invisibilizada polo lugar no que se desenvolve, por tratarse dun sector tan patriarcal, antiobreiro e españolizador como é o das Forzas Armadas, mais que a fai merecedora do recoñecemento da nosa central sindical”.

Ler máis »

 
Venres, 6 Marzo 2015

A CIG outorga ás traballadoras e traballadores de Urbaser o Premio do “Día da Clase Obreira Galega”

Suso Seixo alerta do perigo que corren dereitos acadados ao longo da historia do movemento obreiro e aposta por avanzar cara o socialismo

Compostela
Laboral Nacional 10 de marzo Urbaser Día da Clase Obreira Galega Premios 8 e 10 de Marzo si

A loita dos traballadores e traballadoras de Urbaser, que non só tiveron que enfrontarse á empresa senón tamén ao concello de Lugo, e que provocou unha folga que se prolongou durante nin máis nin menos que 58 días, foi considerada pola CIG merecente do Premio do “Día da Clase Obreira Galega”na súa IX Edición. En conta tívose a capacidade de sacrificio, a solidariedade e a unión do persoal, que lonxe de botarse atrás, diante das presións ás que foi sometido, continuou firme e unido nas súas reivindicacións.

Ler máis »

 
Venres, 7 Marzo 2014

A CIG recoñece co Premio 8 de marzo á loita das mulleres da residencia Valle Inclán

Silvia González, traballadora do téxtil de Vigo, foi agasallada cunha mención especial pola defensa dos seus dereitos fronte a un empresario “retrógrado e antisindical”

Compostela
Laboral Nacional secretaría da muller Premio 8 de marzo Valle Inclán 2014 VIII edición Confederal

A loita das mulleres da residencia Valle Inclán, que veñen mobilizándose desde xaneiro de 2013 pola readmisión das traballadoras despedidas, recibiu o Premio 8 de marzo na súa VIII edición. Canda elas, recibiu unha especial mención a loita de Silvia González Martínez, traballadora de Vigo, pola súa “valentía, esforzo e compromiso”  na defensa dos seus dereitos tras seren despedida de Manel Moda.

Ler máis »

 
Venres, 7 Marzo 2014

A CIG outorga o Premio do Día da Clase Obreira Galega a traballadores/as de Albada

Seixo salienta a importancia da central sindical, que o día 19 de marzo cumpre 20 anos desde a súa constitución, como ferramenta para a clase traballadora galega

Compostela
Laboral Nacional Premio do Día da Clase Obreira Galega 8 de marzo 10 de Marzo 2014 Premio do Día da Muller Traballadora 20 aniversario da CIG Confederal

A CIG celebrou esta venres a VIII Edición do Premio do Día da Clase Obreira Galega, co que se recoñeceu ás traballadoras e  traballadores de Albada a súa loita en defensa dunhas condicións de traballo dignas. O persoal desta empresa coruñesa protagonizou unha folga de máis de tres meses para conseguir un novo convenio. Grazas a isto conseguiron evitar as pretensións da empresa: baixada brutal de salarios, incremento da xornada e máis despedimentos. Ao remate da entrega dos Premios conmemorouse tamén o 20 aniversario da constitución da CIG.

Ler máis »

 
Venres, 8 Marzo 2013

Neste 8 de Marzo as mulleres da CIG denuncian estar “Fartas!” de conmemoracións hipócritas

A central sindical celebrou unha xornada nacional de loita con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora

A Coruña
Muller Nacional 8 de marzo muller igualdade Día da Muller Traballadora Secretaria de Muller e Mocidade

Baixo o acaído lema “FARTAS!”, a CIG realizou este venres xornada de loita nacional -con concentracións en todo o País- con motivo do 8 de Marzo; unha data na que a Secretaría da Muller da CIG denuncia que "non hai nada que celebrar" e a través da quere resaltar a loita diaria que todas as mulleres levan a cabo na defensa dos seus dereitos, fronte ás “celebracións e conmemoracións hipócritas por parte das mesmas administracións e poderes que recortan os nosos dereitos”.

Ler máis »

I feel so free!