Convocan paros parciais e protestas no CTAG en demanda de salarios dignos e de categorías laborais xustas

Terán lugar este xoves 27 de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 19:00 horas
O Porriño - 26 Abr 2023

A sección sindical da CIG no Centro Tecnolóxico da Automoción de Galiza (CTAG) convocou unha xornada de folga parcial para este xoves 27 en demanda de salarios dignos e de categorías laborais xustas. Os paros desenvolveranse de 11:00 a 13:00 na quenda de mañá e de 17:00 a 19:00 horas na de tarde, ao tempo que se desenvolverá unha concentración diante da empresa durante o paro da mañá.

Esta xornada de folga é unha continuación das mobilizacións en defensa dunhas condicións laborais dignas, reclamando a implantación dun sistema de clasificación e promoción profesional que se axuste á realidade do traballo que desenvolve o persoal do CTAG. 

O resto do comité asinou un acordo que non dignifica as condicións laborais

E tamén para rexeitar ao acordo asinado polo resto do comité de empresa, que dignifica as condicións de traballo ao non contemplar ningunha medida neste aspecto.

Coincidindo co paro da mañá terá lugar tamén unha concentración de 11:00 a 13:00 horas diante das instalacións da empresa no Porriño, situadas no polígono industrial da Granxa.