CIG Diario Dixital Avantar

Persoas delegadas da CIG no naval vigués mobilízanse no estaleiro Armón contra o incumprimento da xornada continuada
Un grupo de persoas delegadas da CIG e traballadoras do sector naval vigués desenvolveu hoxe unha concentración ás portas do estaleiro Armón para denunciar que a dirección está a incumprir a xornada continuada de verán no mes de xullo pactada no convenio colectivo para paliar o estrés térmico do cadro de persoal. A central tivo coñecemento de que a compañía está a presionar as persoas traballadoras coa intención de non cumprir este acordo “de mínimos” do convenio, poñendo os intereses da empresa por riba da saúde laboral.

A CIG pide a dimisión da conselleira de Política Social por primar os intereses do empresariado das escolas infantís fronte a persoal e crianzas
A Conselleira de Política Social, Fabiola García, vén de afirmar que se o Goberno central aproba as novas ratios para a educación infantil (4 nenos e nenas de 0-1 ano, 8 de 1 a 2 anos e 12 de 2 a 3 anos) estará en risco a gratuidade das escolas infantís en Galiza. A CIG, que a través das federacións de Administración e de Ensino defende os dereitos das persoas traballadoras tanto das escolas públicas como privadas, cualifica esta ameaza de “intolerábel” e pide que presente inmediatamente a súa dimisión por poñerse do lado dos intereses económicos das empresas do sector e desprezar o benestar do alumnado e os dereitos laborais do persoal. Neste sentido, a central insiste en poñer en situación as ratios “totalmente abusivas” actuais (8,13 e 20 por educadora respectivamente), “que claramente imposibilitan que as crianzas estean ben atendidas e que se poidan desenvolver os proxectos educativos propios deste nivel”.

Suspendida protesta na recollida do lixo da Mancomunidade do Salnés á espera de que a empresa resposte a oferta de convenio
O cadro de persoal de Valoriza, que se encarga da recollida do lixo para a Mancomunidade do Salnés (Concellos de Cambados, Vilanova de Arousa e Meis), decidiu onte en asemblea suspender a mobilización prevista hoxe diante do Concello de Cambados ás 13:00 horas á espera de que a dirección lle dea resposta á contraproposta de convenio achegada pola parte social. O que si se manteñen son a concentración do vindeiro venres 17 ás portas do consistorio vilanovés ás 13:00 e a folga entre o 24 de xullo e o 9 de agosto, aínda que a expensas da aceptación da contraoferta por parte da compañía.

O persoal de Ferroglobe en Arteixo rexeita o ERTE e prepara xa un calendario de protestas
O comité de empresa de Ferroglobe Spain Metals en Arteixo (CIG e UGT) traslada o seu “rexeitamento frontal” ás condicións do Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) presentado pola dirección o pasado luns e prepara xa un calendario de mobilizacións contra a medida de axuste.

Denuncian a "situación límite" do SAF de Cariño, con só tres traballadoras de 12 en activo
A representación sindical do persoal laboral do Concello de Cariño denunciou hoxe a “situación límite” na que se atopa o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), con unicamente tres de 12 traballadoras en activo como consecuencia da situación de sobrecarga laboral que padecen as persoas traballadoras.

Concentrix confirma a perda doutro servizo na Coruña, o que pon en risco até 160 empregos
A dirección de Concetrix vén de comunicar a perda doutro servizo na Coruña, polo que os postos de traballo en risco elévanse até os 160 tras os 80 despidos mediante o ERE anunciado anteriormente. Diante disto, o comité de empresa optou por iniciar un calendario de mobilizacións que comezou o luns cunha concentración diante das instalacións da compañía, mentres que para este mércores día 15 hai convocada unha xornada de folga e unha protesta ás portas da Delegación do Goberno ás 11:30 horas.

A Xunta négase a asinar o protocolo contra a violencia no SAF e o compromiso que garante a súa aplicación
A reunión celebrada este martes para a sinatura do Protocolo para a Prevención e Actuación ante Situacións de Violencia Laboral Externa no Servizo de Axuda no Fogar (SAF) -elaborado tras once meses de intenso traballo e negociación entre administracións, organizacións sindicais, entidades profesionais e patronais- deixou en evidencia a absoluta falta de vontade política da Xunta para asegurar a protección efectiva das persoas traballadoras do sector. Xa que a Consellaría de Política Social decidiu non asinar nin o protocolo nin o documento de compromiso que garante a súa aplicación, mentres que o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galiza (ISSGA) limitouse a ratificar unicamente o Protocolo, negándose tamén a asumir o compromiso político e técnico necesario para facer efectivas as medidas acordadas.

McDonald’s recúa e manterá o calendario laboral pactado no establecemento de Vilagarcía
A dirección de McDonald’s en Vilagarcía deu marcha atrás finalmente na súa pretensión de modificar o calendario laboral pactado para 2026 e ampliar a hora de peche até as 4:30 horas durante o verán, superando o establecido pola normativa galega. Con todo, a CIG anuncia que convocará novas mobilizacións no caso de que empresa de comida rápida non cumpra o acordado e non incorpore medidas para garantir a seguridade do persoal na quenda de noite.

A CIG-Saúde denuncia que Quirón continúa a desmantelar o Instituto Policlínico Santa Teresa da Coruña
A CIG denuncia que o Grupo Quirón continúa avanzando no desmantelamento progresivo do histórico Instituto Policlínico Santa Teresa da Coruña mediante unha política continuada de externalización de servizos, que está a fragmentar a estrutura do hospital e a deteriorar o seu funcionamento.

Advirten do abandono da Atención Primaria no Barbanza: menos persoal ca nunca para atender unha poboación que se multiplica no verán
A CIG-Saúde do Barbanza vén de denunciar publicamente a gravísima situación que están a vivir este verán os centros de saúde da comarca como consecuencia da falta de cobertura das vacacións e doutras ausencias do persoal. A realidade deste ano é aínda peor ca a do verán pasado e evidencia, unha vez máis, a absoluta falta de planificación da Xerencia da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza.

A CIG-Ensino urxe o Ministerio a abordar xa a reforma do sistema de oposicións docentes
A secretaria nacional da CIG-Ensino, Laura Arroxo, reclamoulle ao Ministerio de Educación que aborde de xeito urxente a reforma do sistema de oposicións docentes e alertou de que este ano haberá de novo unha elevada taxa de prazas desertas.

A secretaria nacional tamén se interesou por saber cando vai ser a próxima reunión do grupo de traballo no que se están a abordar as ratios en infantil e bacharelato

A representante do sindicato galego fixo esta petición durante a Mesa Sectorial na que se tratou o Proxecto de Orde pola que se aproba o temario da fase de oposición para a Inspección educativa. Arroxo tamén se interesou por saber cando vai ser a próxima reunión do grupo de traballo no que se están a abordar as ratios en infantil e bacharelato, dado que estaba prevista unha nova reunión este mes, á vez que solicitou que o RD que as vai regular sexa tramitado pola vía de urxencia para evitar que se alongue no tempo e poida entrar en vigor no que queda de lexislatura.

O pasado mércores día 8 celebrouse a Mesa Sectorial docente do Ministerio de Educación para tratar o Proxecto de Orde Ministerial pola que se aproba o temario da fase de oposición do procedemento selectivo de acceso ao corpo de Inspección educativa. A CIG-Ensino demandou que, ao igual que se procedeu xa a modificar o sistema de acceso ao corpo de inspección a través do Real Decreto 68/2026 e agora se modifica tamén o temario, urxe abordar xa a modificación ou substitución do Real Decreto 276/2007 de ingreso e acceso ao resto de corpos docentes, así como actualizar os temarios.

A central sindical manifestou a súa preocupación polo que está a acontecer nas oposición deste ano, xa que dos datos que de momento trasladan as persoas opositoras en Galiza -despois da publicación das notas da primeira parte- despréndese que van quedar numerosas prazas sen cubrir. Así, non se lle pon remedio á elevada temporalidade que hai no sector público e en concreto na docencia e mesmo se pon en risco o correcto funcionamento do sistema educativo, dado que hai especialidades nas que xa é complicado atopar persoal para realizar substitucións.

Con respecto ao Proxecto de Orde que pasou pola Mesa Sectorial, non propón cambios significativos con respecto á Orde vixente (EDU/3429/2009) que será derrogada tras a súa publicación. Inclúe aspectos novos, actualiza conceptos e sobre todo redistribúe as epígrafes en áreas temáticas para adaptarse ao novo sistema de oposicións.

Previsiblemente este proxecto pasará polo Consello Escolar do estado o 23 de xullo e prevese a súa publicación no mes de setembro.

Contexto da norma

O sistema de acceso ao corpo de inspección está regulado no Real Decreto 68/2026, do 4 febreiro, pola que se regula a inspección educativa, na sección terceira, na que se especifica que o procedemento consta de tres partes: unha fase de oposición, unha fase de concurso e unha fase de prácticas.

A súa vez, a fase de oposición consta tamén de tres partes:

a) Contestación por escrito dun cuestionario de entre 20 e 30 preguntas de desenvolvemento breve, referido á parte A do temario, con carácter anónimo.

b) Realización por escrito dunha proba práctica na que se analicen un ou varios supostos prácticos sobre as técnicas adecuadas e competencias necesarias para a actuación da inspección educativa, na que poderá exixirse a elaboración dun informe de Inspección. Requerirase a lectura da proba ante o tribunal.

c) Exposición oral dun tema referido á parte B do temario elixido entre 2 extraídos por sorteo ante o tribunal.

As tres probas serán eliminatorias e valoraranse de 0 a 10 puntos, sendo necesario obter unha puntuación igual ou superior a 5 para poder optar a unha praza.

A puntuación final da fase de oposición será o resultado de ponderar nun 30% a primeira proba, nun 40% a segunda e nun 30% a terceira.

A CIG-Servizos convoca folga e mobilizacións por condicións dignas no comercio galego
O comercio galego encara un verán quente despois de que a CIG-Servizos veña de anunciar a continuación da campaña para reclamar condicións dignas e salarios xustos e reverter a precariedade instalada no sector. Esta campaña, iniciada coas concentracións dos pasados 6 e 27 de marzo e a xornada de folga do xoves 2 de abril, incluirá concentracións este venres 17 de xullo e o 7 de agosto nas sete comarcas e dous novos paros de 24 horas en todo o comercio de Galiza os días 26 de xullo e 15 de agosto.

A CIG-Saúde denuncia na Inspección de Traballo as altas temperaturas nos centros sanitarios da área da Coruña e Cee
A CIG vén de presentar unha denuncia ante a Inspección Provincial de Traballo contra a Xerencia da Área Sanitaria da Coruña e Cee polas graves deficiencias de climatización que obrigan cada verán a profesionais e pacientes a soportar temperaturas inaceptables.

A CIG-Servizos alerta da intención do Concello de Arteixo de precarizar o SAF
A CIG-Servizos da Coruña vén de alertar da decisión do Concello de Arteixo de incluír no prego de contratación do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) a aplicación do convenio colectivo de Ocio Educativo e Animación Sociocultural, que non rexe para este servizo e que supón unha grave precarización das condicións laborais das persoas traballadoras.

A CIG presenta recurso xudicial no TSXG contra o sistema de control das baixas médicas da Xunta
A CIG vén de interpoñer recurso contencioso-administrativo diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) contra a Resolución do 20 de maio de 2026, da Secretaría Xeral Técnica da Consellaría de Sanidade, pola que se acorda a publicación da modificación da Instrución do 1 de abril de 2019 que establece o protocolo común para a xestión clínica e o seguimento da incapacidade temporal (IT) polo persoal inspector médico e subinspector sanitario -controlador da xestión da incapacidade temporal- das unidades de Inspección e Control de Saúde Laboral da Consellaría.

Galiza pola Paz censura que o cumio da OTAN rematase seguindo o guión agardado: máis belicismo e máis industria da guerra
A cimeira da OTAN en Ancara rematou esta cuarta feira día 8 seguindo o guión agardado: máis belicismo, máis industria da guerra e mais insistencia en que a guerra OTAN-Rusia na Ucraína non remate aínda.

A CIG denuncia o colapso asistencial do PAC de Cangas pola falta de substitucións e a insuficiencia de persoal
A CIG denuncia a crecente saturación do Punto de Atención Continuada (PAC) de Cangas, unha situación que atribúe á falta de planificación da Xerencia da Área Sanitaria de Vigo e á ausencia de reforzos nun período no que a demanda asistencial aumenta de forma considerable pola chegada do verán.

Persoal de McDonald’s en Vilagarcía mobilízase contra a sobrecarga laboral e para esixir que se respecten os horarios
Persoal da cadea de comida rápida McDonald’s en Vilagarcía desenvolveu onte unha concentración diante da empresa para denunciar a situación de sobrecarga laboral que padecen e esixir respecto polos horarios pactados para 2026, xa que a empresa procedeu a modificar de xeito unilateral a hora de peche máis alá do establecido na normativa galega.

A CIG denuncia na Inspección de Traballo o risco para o persoal de Correos que supón o deterioro dos vehículos
A CIG-Correos vén de rexistrar unha denuncia formal ante a Inspección de Traballo e Seguridade Social contra a xestión da empresa postal pública pola situación de “extrema gravidade” na que se atopa a flota de vehículos, froito do seu deterioro progresivo e dun servizo de reparación e mantemento deficiente ou inexistente.

A CIG-Saúde de Vigo denuncia a contratación de persoal médico sen especialidade en Atención Primaria
Nas últimas semanas a CIG-Saúde de Vigo tivo coñecemento de que o SERGAS está a contratar persoal médico sen especialidade en Medicina Familiar e Comunitaria, desta volta nos Puntos de Atención Continuada da Área Sanitaria. Polo que a central sindical remitiulle un escrito á Xerencia, á Dirección de Recursos Humanos e á Dirección Médica trasladando a súa preocupación e solicitando que as persoas que presten asistencia directa a doentes cumpran as esixencias de titulación para os postos.

A CIG alerta da “caótica situación” da Sección de Violencia sobre a Muller do Tribunal de Instancia da Coruña
O sector de Xustiza da CIG-Administración Pública da Coruña alerta da “caótica situación” na que se atopa a Sección de Violencia sobre a Muller do Tribunal de Instancia da Coruña, xa que a creación dunha segunda praza a comezo de ano non está a resolver a problemática que arrastra como consecuencia da mala organización e da falta de persoal e medios materiais.

O TSXG desestima o recurso do Concello de Cariño e confirma que segue sen executar a sentenza que obriga a negociar a RPT
A CIG-Administración Pública da comarca de Ferrol valora positivamente a sentenza da Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), do 17 de xuño de 2026, que desestima integramente o recurso de apelación interposto polo Concello de Cariño contra o auto que declarou non executada a sentenza firme que obrigaba a Administración local a convocar a mesa de negociación para a elaboración e aprobación da Relación de Postos de Traballo (RPT) municipal.

Convocan folga e mobilizacións contra o ERE en Concentrix e a destrución de emprego por parte de Microsoft na Coruña
O comité de empresa de Concentrix vén de anunciar a convocatoria dunha xornada de folga e dúas mobilizacións para rexeitar o ERE que suporá o despido de 80 persoas que prestan servizo de atención ao usuario para Microsoft no centro de traballo da Coruña e denunciar a falta de alternativas reais da empresa e a actitude da dirección durante o período de consultas. O paro de 24 horas terá lugar o vindeiro día 15 de xullo, xornada na que se desenvolverá tamén unha concentración diante da Delegación do Goberno de 11:30 a 12:00 horas. Mentres que un día antes terá lugar unha mobilización ás portas da propia empresa, na rúa Newton, de 13:30 a 14:00 horas.

O Ministerio atende as alegacións da CIG e suspende a tramitación do convenio estatal do sector téxtil de ARTE
O Ministerio de Traballo atendeu finalmente as alegacións presentadas pola CIG contra o rexistro do I Convenio colectivo estatal de grandes cadeas comerciais de comercio téxtil e de calzado promovido pola patronal ARTE -que agrupa as principais transnacionais do sector, entre elas Inditex- e asinado por CCOO e Fetico o mes pasado. De xeito que a resolución paraliza a tramitación do texto e insta a corrixir as irregularidades detectadas, entre eles as que teñen que ver con dous puntos clave: prioridade aplicativa e concorrencia de convenios.

Asinado o convenio de residencias e centros de día, que corrixe os salarios inferiores ao SMI e mellora a cobertura de IT
A CIG e a UGT asinaron onte o convenio galego de residencias da terceira idade e centros de día privados de 2024, 2025 e 2026, unha vez que a patronal accedeu a actualizar os salarios das categorías profesionais que se atopaban por debaixo do SMI. Dende a central sindical consideran que se trata dun avance importante de cara á negociación do próximo convenio.