A CIG trasladaralle ao secretario de Estado de Seguridade Social as propostas sobre xubilación parcial e anticipada

Nacional -
Unha representación da central galega reunirase este xoves en Madrid con Borja Suárez

Inditex afonda na centralización das relacións laborais e négase a negociar na Coruña as demandas específicas do persoal da provincia

Arteixo -
Un grupo de traballadoras pechouse no control de acceso á sede da multinacional para forzar unha reunión coa empresa

Traballadores/as do almacén de Froiz no Marco (Pontevedra) claman pola equiparación salarial

Pontevedra -
Desenvolveron unha protesta na empresa, que repetirán o mércores 29, porque ingresan 200 euros menos que os seus compañeiros/as de Lourido

A CIG denuncia a inacción do Concello de Ames tras a caída de partes do teito do comedor da EEI do Milladoiro

Ames -
Critica tamén o desentendemento da Xunta de Galiza, que é a propietaria do inmóbel

O sector da limpeza da provincia de Pontevedra volve á rúa por unhas condicións laborais dignas

Vigo/Pontevedra -
Desenvolveu hoxe unha concentración diante de Limpiezas Cíes en Coruxo para reclamar o desbloqueo das negociación do convenio colectivo

Mercadona, condenada por vulnerar dereitos das persoas traballadoras en materia de prevención de riscos

Verín -
A sentenza do TSXG fixa unha indemnización para unha empregada do supermercado de Verín e sanciona economicamente a compañía por conduta empresarial grave

O persoal do almacén de Froiz no Marco, en Pontevedra, mobilizarase pola equiparación salarial

Pontevedra -
Desenvolverá unha concentración este mércores 15 de 13:30 a 14:00 horas, coincidindo co cambio de quenda

Folga e protestas no outlet de Massimo Dutti en Allariz contra os despidos e os abusos laborais

Allariz -
A tenda está xestionada por Integratex, un centro especial de emprego do grupo empresarial Galega de Economía Social, de Cogami

O persoal Zara Loxística maniféstase contra a modificación dos calendarios e para exixir carga de traballo estábel

A Coruña -
Intensifícase a mobilización ante a falta de compromisos de Inditex e para este luns e martes están convocados paros de catro horas

Quizais quixo dicir:

Sectores produtivos relacionados coa federación

Comercio de froitas, comercio do téxtil, do metal, da pel, do vidro plano, de materiais de construción, de mobles e de alimentación, grandes almacéns, drogarías, farmacias, bazares, florarías, librarías, hostelaría, axencias de viaxe, medios de comunicación públicos ou privados, estudos fotográficos, cinema, teatros, músicos, espectáculos, dobraxe e son, deportes, bibliotecas, museos, salas de xogos, casinos, administracións de lotarías, perrucarías, tinturarías, lavandarías, limpeza, predios urbanos, pompas fúnebres, xardinaría, clubes e sociedades recreativas, seguridade privada e empregadas do fogar.

Os sectores de actividade non citados nesta disposición adscribiranse segundo criterios de analoxía.

Para estes efectos, as empresas con capital público maioritario, así como aquelas empresas xestionadas mediante novas fórmulas de xestión (consorcios, fundacións...) e que a súa actividade principal sexa a prestación dun servizo público, estarán adscritas ás federacións da Área Pública, adxudicándose a cada unha delas en función da actividade que realizan. En caso de discrepancia, será o Secretariado Confederal o que decida, o cal será ratificado polo Consello Confederal. A readxudicación das empresas afectadas polo aquí exposto farase unha vez rematados os procesos congresuais e nunca máis tarde do 30 de xuño de 2010.