O persoal do comercio mobilizarase na CEG para reclamar un acordo marco galego que protexa os convenios provinciais

Nacional -
Este martes 9 de xuño, ás 12:00 horas, na sede da patronal galega en Compostela

A CIG reclámalle a Gadis e Froiz que senten negociar xa o convenio de comercio de alimentación de Lugo

Lugo -
A central lembra que o convenio é o peor das catro provincias, polo que urxe avanzar na mellora das condicións salariais e laborais do persoal

As traballadoras do comercio responden á sinatura do convenio estatal ARTE cunha nova xornada de folga

Nacional -
A CIG denuncia o retroceso nas condicións salariais e laborais e insta a patronal a asinar un acordo galego que protexa os convenios provinciais

Convocada nova xornada de folga no comercio para este martes 2 de xuño

Nacional -
En defensa dos convenios provinciais e contra os recortes de dereito e salarios que suporía a aplicación do convenio estatal de ARTE

A CIG denuncia na Inspección as manobras de coacción de Gadis para que o persoal non secunde a folga deste venres

A Coruña -
A empresa fixo charlas informativas nos centros de traballo, preguntou de maneira individual quen ía secundar o paro e realizou cambios organizativos para evitar o impacto da folga

Persoal do comercio exixe ante a patronal da Coruña un acordo marco que blinde os convenios provinciais

Nacional -
A protesta coincide cunha nova reunión da mesa de negociación estatal de ARTE

Persoal do comercio acampa diante da patronal coruñesa contra o convenio ARTE e reclamar un marco galego

Nacional/A Coruña -
O mércores 27 está convocada unha concentración nacional de traballadoras e traballadores na CEC

O persoal do comercio volverá á folga este sábado contra os recortes de ARTE

Nacional -
Tamén haberá mobilizacións na Coruña, Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense e Vigo

A CIG denuncia o bloqueo da negociación do convenio de hostalaría da Coruña pola pretensión patronal de recortar dereitos

A Coruña -
O empresariado provincial quere eliminar a cobertura do 100% no caso das baixas mentres o persoal leva xa dous anos cos soldos conxelados

A empresa Os Ventos continúa sen pagar as nóminas ao persoal do SAF de Miño

Ferrol -
Ademais, as traballadoras deste servizo en Fene, Cariño e Neda cobran sempre fóra de prazo e só tras a insistencia reiterada da CIG

O persoal do comercio irá de novo á folga o luns 11 de maio para rexeitar o convenio ARTE

Nacional -
O paro coincide cunha nova reunión da mesa de negociación estatal

Persoal do comercio de alimentación mobilízase na Coruña, Compostela e Ferrol contra o bloqueo patronal da negociación

A Coruña -
As protestas realizáronse diante de supermercados Gadis e Froiz