O persoal de Serclean que traballa nas instalacións de Inditex irá á folga en demanda de condicións dignas

Narón -
A xornada de folga desenvolverase o 30 de xuño no almacén de Pull&Bear en Narón e na nave loxística da Laracha

A CIG-Servizos concéntrase no Froiz de Melide para denunciar a precariedade laboral que sofre o persoal

Melide -
Denuncia que para tentar illar as persoas delegadas da CIG, as responsables do centro castigan cos peores postos a quen se relacionan con elas

As traballadoras da limpeza concéntranse diante do Concello de Ferrol en demanda dun convenio digno

Ferrol -
Denuncian a postura inmobilista da patronal estatal ASPEL que se nega sequera a garantir subas acordes ao IPC

A sección sindical da CIG mobilizarase contra a represión e o clima laboral tóxico en Mercadona

A Coruña -
Convoca concentración para o luns 23 de xuño, ás 12h, diante da tenda de Monte Patelo na Coruña

A CIG impugna os pregos do servizo de recollida do lixo do Concello de Cedeira ao detectar graves defectos

Cedeira -
Na documentación non figura unha listaxe de persoal a subrogar cando é obrigatorio por lei

Traballadoras de residencias privadas visibilizan as súas reivindicacións na sexta xornada de folga por un convenio digno

Nacional -
O persoal mobilizouse na Coruña, Carballo, Ferrol, Ourense, Pontevedra, Vigo e Viveiro

Quinta xornada de folga por un convenio digno nas residencias privadas de maiores e centros de día

Nacional -
As traballadoras denuncian o inmobilismo da patronal e o desinterese da Xunta por este sector esencial

Traballadoras da limpeza da Coruña retoman as mobilizacións en demanda dun convenio digno

A Coruña -
As protestas centraranse nos principais clientes das empresas asociadas a ASPEL, xa que é a patronal que ten bloqueadas as negociacións

Desconvocada definitivamente a folga na piscina municipal das Pontes

As Pontes -
A empresa Serviplustotal procedeu ao pago dos salarios de abril e maio e xa comunicou que abandona o servizo

A CIG obtén a maioría absoluta no comité de Samsic (contrata de Inditex) da provincia da Coruña

A Coruña -
A central aumentou a súa representación ao lograr 7 das 9 persoas que se elixían

O persoal de Emafesa inicia mobilizacións en demanda dun convenio con salarios dignos

Ferrol -
Concentráronse diante do Concello de Ferrol, xa que o alcalde preside o Consello de Administración da empresa