O persoal do SAF de Ponteareas suspende a folga tras solucionar a empresa os problemas co pago das nóminas

Ponteareas -
A concesionaria Óbolo comprométese tamén por escrito a cumprir as condicións esenciais do contrato antes do vindeiro 31 de decembro

A CIG censura a actitude “despótica e provocadora” da alcaldesa de Ponteareas coas traballadoras do SAF

Ponteareas -
Castro dedícase a acosar o persoal en folga, chegando hoxe a empuxar e golpear a unha empregada que participaba no peche iniciado onte no Concello

A alcaldesa de Ponteareas suspende o pleno polas protestas das traballadoras do SAF, que pasan a noite pechadas no Concello

Ponteareas -
A rexedora negouse a abordar ao comezo da sesión a moción presentada pola oposición reclamando a rescisión do contrato coa concesionaria

A Fiscalía abre unha investigación sobre as irregularidades na xestión do SAF de Ponteareas

Ponteareas -
Requírelle ao Concello documentación dos trámites realizados tras as denuncias do persoal, por se puidese existir un delito de prevaricación

A Inspección de Servizos Sociais constata deficiencias no SAF do Concello de Ponteareas

Ponteareas -
O Goberno local insiste na súa negativa a iniciar a resolución do contrato

O Concello de Ponteareas insiste en criminalizar a loita do SAF mentres elude as súas responsabilidades

Ponteareas -
O PP intensifica a campaña de intoxicación contra as traballadoras e a CIG, ao tempo que a empresa Óbolo segue sen corrixir as irregularidades

Carril: “Imos levar a loita do persoal do SAF de Ponteareas até as últimas consecuencias para dignificar as súas condicións laborais"

Ponteareas -
As traballadoras, que acumulan xa 34 días de folga, abandonaron o peche que mantiveron toda a noite no Concello para esixir a rescisión do contrato

As traballadoras do SAF de Ponteareas en folga péchanse no Concello para esixir unha solución

Ponteareas -
Aproveitaron a celebración do pleno para reclamar a rescisión do contrato coa concesionaria e pasarán a noite no consistorio

O Xulgado suspende parcialmente os servizos mínimos decretados polo Concello de Ponteareas para a folga do SAF

Ponteareas -
Anula as obrigas de que inclúan como mínimo 45 minutos por persoa usuaria e de que teñen que ser cubertos por persoal que secunda o paro

A CIG convoca unha manifestación en apoio da loita do SAF de Ponteareas e por uns servizos de coidados públicos e de calidade

Ponteareas -
A marcha terá lugar este xoves 16 de outubro dende o centro de saúde até o Concello ás 18:30 horas

O Concello de Ponteareas expedienta persoal do SAF en folga por supostos incumprimentos dos servizos mínimos

Ponteareas -
As traballadoras continúan coas mobilizacións diarias diante do consistorio para reclamar a rescisión do contrato coa concesionaria

Denuncian na Inspección de Servizos Sociais as irregularidades no SAF de Ponteareas

Ponteareas -
O Goberno local suspendeu onte o pleno municipal no que estaba previsto que interviñese unha representante das traballadoras en folga

A CIG considera un “desprezo ás traballadoras” o acordo entre o Concello de Ponteareas e a concesionaria do SAF

Ponteareas -
O persoal de Óbolo, en folga indefinida dende o pasado venres, insiste en reclamar que se lle poña fin aos graves incumprimentos da empresa