Galiza mobilízase en contra do espolio da terra e por un novo plan eólico xusto, sustentábel e ao servizo do pobo

Nacional -
"Eólica Así Non" insta a Xunta a respectar as decisións xudiciais e paralizar a implantación de proxectos mentres non aprobe o novo planeamento sectorial

A CIG reclámalle á Fundación 061 e ao SERGAS que apliquen xa o protocolo de actuación ante agresións no transporte sanitario

Nacional/A Coruña -
A guía foi pactada na comisión sectorial no ano 2023 pero a administración aínda non a puxo en marcha

Masivo rexeitamento do persoal de Pescanova á negociación dun convenio de ámbito estatal

Vigo -
A CIG, CUT e USO celebraron onte unha concorrida asemblea de persoas traballadoras para informar sobre os plans da empresa de alimentación

A CIG remítelle ao Ministerio de Traballo as súas propostas para a suba do SMI

Nacional -
Reclama que o incremento se sitúe nos 1320,04 euros ao mes (o 60% do salario medio no Estado), en cumprimento da Carta Social Europea

O grupo Levantina manterá a unidade produtiva do Porriño e acepta reducir os despidos

O Porriño -
Das 95 rescisións de contrato previstas inicialmente pásase a 66, polo que se conservarán 50 empregos

O comité do 112 convoca unha concentración en demanda da xestión pública do servizo

Nacional -
A protesta terá lugar na Estrada o martes 11 de febreiro, coincidindo coa conmemoración do Día Europeo deste servizo de emerxencias

O persoal da empresa ourensá UNVI mobilizarase para esixir o acondicionamento do novo centro de traballo

Ourense -
A CIG e a CUT convocan unha concentración diante das instalacións do polígono de San Cibrao o xoves día 13 de 14:00 a 15:00 horas

O TSXG condena a Lucus Market (Grupo Gadis) por vulnerar o dereito de liberdade sindical das delegadas da CIG

Lugo -
A empresa impediulles que puideran asistir ás reunións acompañadas dun asesor

A CIG combinará propostas e mobilizacións contra a precariedade e a pobreza laboral

Nacional -
Desenvolveu asembleas de delegados/as previas ao 8 e 10 de Marzo no marco da campaña ‘Traballo, igualdade e salarios dignos nunha Galiza con dereitos'

A CIG apoia e anima a participar na concentración en defensa dun sistema público de atención á dependencia

Nacional -
O próximo luns, 10 de febreiro, ás 11h, diante da Xunta de Galiza

A CIG-Administración mobilizarase para demandar medidas que revertan a perda de poder adquisitivo no sector público

Nacional -
Reclámalle ao Goberno español que convoque a Mesa Xeral para abordar os incrementos salariais, a xornada ou a xubilación