A CIG alerta do medre da temporalidade, da pobreza laboral e da dependencia da estacionalidade

Nacional -
O lixeiro descenso do desemprego vai acompañado dunha caída da afiliación á Seguridade Social

Os comités das fundacións de investigación sanitaria e medicina xenómica valorarán ir á folga se a consellaría segue a ignoralos

Nacional -
Anuncian concentracións diante dos seus hospitais de referencia para os días 11 e 18 de decembro

A CIG faise coa maioría absoluta nas eleccións sindicais en Rodríguez López Auto de Ourense

Ourense -
Obtivo 8 dos 13 representantes que se escollían no comité de empresa

O comité de Alfrío mantén as convocatorias de folga ante a proposta insuficiente da empresa

Ribeira -
Tras dunha xuntanza de negociación, o pasado mércores, houbo un achegamento en certos aspectos da negociación do convenio, pero non se avanzou en cuestións como as categorías

O comité de Urbanos de Ourense reclama a actualización dos salarios no prego de condicións do concurso

Ourense -
O Tribunal de Contratación Pública vén de modificar o documento, polo que as empresas deberán presentar ofertas de novo para optar ao servizo

Desconvocada a folga en Alsa Ferrol tras asinarse un acordo coa empresa que recolle as demandas sociais

Ferrol -
Dende o 1 de decembro, Maitours aplícalle ao seu persoal as táboas salariais do convenio provincial

Aprobada a iniciativa trasladada pola CIG-Saúde ao Congreso para que se recoñeza a xubilación aos 60 anos ao persoal da sanidade

Nacional -
Presentouna o BNG na Comisión de Sanidade e incorporáronse emendas de Sumar e PSOE

A CIG volve gañar as eleccións sindicais en Povisa e suma dous novos representantes

Vigo -
A central pasou de 6 a 8 delegados/as no comité do hospital privado vigués