A poboación activa reduciuse en Galiza en 21.000 persoas no 2º trimestre do ano

Nacional -
Os datos da EPA reflicten unha preocupante evolución do mercado laboral no que a baixada do desemprego se debe á expulsión das persoas traballadoras

O persoal das auxiliares de Navantia aproba a modificación dos acordos do naval que unifica táboas e estende a súa aplicación

Ferrol -
Desaparece a discriminación por gremios, mellóranse as condicións salariais das categorías máis baixas e incorpórase o plus a colectivos que até agora non o percibían

A adxudicación de destinos provisionais deixa ao descuberto a propaganda da Xunta: só 396 docentes máis que o curso pasado

Nacional -
A CIG-Ensino denuncia que estas cifras están moi lonxe dos/as 900 docentes a maiores anunciadas polo Goberno

A CIG- Correos alerta do colapso do servizo postal en Vigo un verán máis pola falta de contratacións

Vigo -
Advirte que a política de recortes e a non substitución de vacacións deixa as unidades de reparto e as oficinas de atención baixo mínimos

A CIG convoca unha mobilización no Porriño o 29 de xullo para exixir seguridade real no SAF

Nacional -
A protesta, que estará precedida dunha asemblea nacional do sector para avaliar o novo protocolo, realízase coincidindo co 1º aniversario do asasinato da compañeira Teresa

A nova xornada de folga no comercio de alimentación da Coruña deixa tendas en mínimos e almacéns sen actividade

A Coruña/Ferrol/Compostela -
A resposta masiva do persoal á convocatoria -que se prolongará até o domingo- chega tras as insuficientes propostas da patronal durante a mediación

A CIG iniciará en Cambados as mobilizacións para reclamar que se negocie xa o convenio provincial da industria vitivinícola

Cambados -
A protesta realizarase o 2 de agosto, coincidindo coa celebración da Festa do Albariño

CIG-Saúde denuncia que o SERGAS continúa avanzando na externalización do servizo de dietética do CHUS

Santiago de Compostela -
Reclama a retirada da licitación e a recuperación dun modelo público que garanta emprego estábel e unha atención alimentaria de calidade ás persoas usuarias

A CIG recupera a cobertura nos tres primeiros días de baixa que a patronal da hostalaría, CCOO e UGT eliminaron

A Coruña -
A Sala do Social do TSXG anula os acordos da Comisión Paritaria que restrinxían dereitos recollidos no convenio provincial da Coruña

Atinxido un preacordo na recollida de lixo da Mancomunidade do Salnés que contempla unha suba salarial do 23% en cinco anos

Cambados -
O pactado pon fin ao conflito e permite a desconvocatoria de folga prevista do 24 de xullo ao 9 de agosto

As asembleas de persoal ratifican o preacordo de convenio de Veolia-Viaquia e desconvocan as folgas do 24 e 27 de xullo

Nacional -
A CIG-Industria salienta a mellora das condicións laborais e salariais, que só foi posíbel grazas á loita desenvolvida polos traballadores e traballadoras