A patronal dos autobuses está enviando mensaxes ás persoas traballadoras para condicionar o seu voto sobre o preacordo

Nacional -
Transgacar indícalles lugares e horas das votacións, cando aínda non están preparados os censos nin o sector determinou como desenvolver o proceso

Persoal de menores, atención á discapacidade e infantil 0-3 rodea a Xunta cunha caravana de vehículos

Nacional -
Reclaman condicións laborais e salariais dignas para uns sectores esenciais pero nos que o 70% das persoas apenas cobran o SMI

A CIG mobilízase contra a represión sindical nunha gasolineira de Repsol en Vigo

Vigo -
A empresa Gasvive, propietaria da estación de servizo, despediu a delegada de persoal e sancionou unha traballadora afiliada da central

O ano comezou en Galiza cunha suba do paro que duplicou a media estatal e afectou sobre todo a mulleres e a persoas maiores de 45 anos

Nacional -
Durante o pasado mes de xaneiro o noso país rexistrou tamén unha importante caída da afiliación á Seguridade Social

A CIG-Correos alerta do colapso do reparto postal na Coruña pola falta de contratación

A Coruña -
Milleiros de cartas e notificacións administrativas acumúlanse nas oficinas coas unidades baixo mínimos

A CIG non asina o preacordo para o convenio do transporte en autobús por non contemplar avances salariais nin laborais

A Coruña -
A folga queda adiada á espera de que as asembleas de persoal se pronuncien sobre o documento

Consúmase a traizón de CCOO e UGT ao persoal da conserva cun convenio regresivo

Nacional -
Delegadas/as da CIG no sector mobilizáronse hoxe na Confederación de Empresarios/as de Pontevedra en Vigo para rexeitar o preacordo

O comercio do metal da provincia de Pontevedra anuncia un calendario de protestas en demanda dun convenio digno

Vigo/Pontevedra -
O persoal, que hoxe decidiu en asemblea concentrarse diante dunha empresa do sector e organizar unha manifestación, baralla convocar folga

A CIG-Ensino denuncia a “situación límite” da EEI Concepción Crespo Rivas de Pontevedra

Pontevedra -
Alumnado e profesorado de Educación Infantil levan sen calefacción desde setembro

Concentracións nas oficinas do INSS para exixir a aprobación inmediata da suba da pensións

Nacional -
O Colectivo de persoas xubiladas e pensionistas da CIG reclama a revalorización por lei das pensións “para evitar que se usen como arma política”

A asemblea de GKN aposta pola folga contra a decisión da empresa de despedir 72 persoas

Vigo -
O cadro de persoal da compañía viguesa do sector da automoción manifestouse hoxe na cidade en defensa dos postos de traballo