O persoal da lavandaría dos hospitais vigueses inicia mobilizacións por un convenio digno

Vigo -
Está a desenvolver concentracións todos os luns, mércores e venres diante do Álvaro Cunqueiro, do Meixoeiro e do Nicolás Peña

CIG-Saúde trasládalle á patronal da sanidade privada da Coruña os escritos de repulsa dos comités á represión sindical no QuirónSalud

A Coruña -
A empresa abriu expediente sancionador á presidenta e ao secretario do comité, a quen ademais despediu mentres estaba de baixa médica

A CIG-Construción ocupa e paraliza as obras do Castelo de Monterrei para denunciar explotación laboral de persoas estranxeiras

Nacional -
Nos traballos de rehabilitación encargados pola Xunta á UTE Extraco-Orega en Verín incúmprese o convenio do sector con xornadas de máis de 10 horas

CIG-Administración Autonómica convoca folga na Xunta de Galiza contra o “decretazo” de listas

Nacional -
O paro terá lugar o vindeiro martes, día 23 de xuño, entre as 11:00 e as 12:00 horas e atinxe a todos os centros de traballo da administración pública de Galiza

O Supremo confirma que First Stop debe aplicar o convenio do Metal, ratificando a sentenza do TSXG

Compostela -
As sentenzas desmontan a pretensión da empresa de aplicar o convenio de Comercio Vario e reafirman que a actividade real da empresa é a dun taller mecánico

Traballadoras das escolas infantís municipais da Coruña protestan contra o empeoramento das súas condicións laborais

A Coruña -
Os novos pregos non recollen ningunha mellora laboral, salarial ou na atención ás crianzas e ademais o Goberno local prima as empresas que oferten 50 horas de traballo en fins de semana

A CIG consegue 7 de 9 representantes no comité de Rubí Automotive de Ribadavia

Ribadavia -
Fíxose coa maioría absoluta nas eleccións sindicais a pesar dos intentos de boicot da empresa, que mesmo despediu dúas persoas traballadoras integrantes da candidatura

O Consello Galego de Relacións Laborais convoca a primeira xuntanza da mediación do convenio do metal da Coruña o luns día 22

A Coruña/Ferrol/Compostela -
A CIG reclámalle responsabilidade á patronal do sector para que acuda con vontade real de chegar a acordo e pechar o conflito

Folga na recollida do lixo do Porriño pola parálise na negociación do convenio

O Porriño -
A CIG convoca catro xornadas de paro para os días 9, 10, 11 e 12 de xullo

Pensionistas da CIG entregan preto de 4.500 sinaturas en demanda dunha atención sanitaria pública, universal e de calidade

Nacional -
Denuncian a estratexia planificada polo PP para provocar listas de agarda, derivar á privada e penalizar a quen decide ter a atención na sanidade pública