A CIG denuncia que o convenio estatal de artes gráficas non dignifica o sector e reclama un marco galego de negociación

Nacional -
O acordo coa patronal foi asinado unicamente por CCOO tras un proceso “opaco e lonxe dos centros de traballo”

O persoal civil de Defensa sae do novo ás rúas de Ferrol e Marín para reclamar salarios dignos

Ferrol/Marín -
A CIG reivindicará nas mesa de negociación fixadas para este mes un incremento do complemento específico igual ao ofrecido ao persoal militar e a súa consolidación

O metal da Coruña chega ao 8º día de folga dando unha mostra de forza e coa patronal solicitando unha mediación

A Coruña/Ferrol/Compostela -
De non producirse unha negociación áxil e con propostas que permitan chegar a acordo, os paros seguirán o 30 de xuño, 2, 7 e 9 de xullo

A CIG inicia mobilizacións contra a represión sindical en Monbus

Nacional -
A FGAMT-CIG exixe a readmisión das persoas traballadoras despedidas

Persoal da Seguridade Social mobilízase por melloras laborais que garantan un servizo público de calidade

Nacional -
En Galiza a concentración tivo lugar na Dirección Provincial do INSS na Coruña

Asinado o convenio do comercio do metal de Ourense tras pactarse un “salto histórico” no salario base

Ourense -
O acordo contempla unha suba de entre 102 e 130 euros máis ao mes e incrementos anuais de até o 19%

A folga na limpeza e conserxería dos CEIP de Santiago mantén o seguimento masivo

Compostela -
Anuncian que endurecerán as mobilizacións se non hai avances, sen descartar a convocatoria de folga coincidindo co inicio do curso escolar

A CIG faise coa maioría absoluta no comité de empresa de Alcampo en Vilagarcía

Vilagarcía -
Obtivo 6 de 9 representantes nas eleccións sindicais que se veñen de celebrar

O metal da Coruña responde cunha nova xornada de folga masiva ao secuestro patronal do convenio

A Coruña/Ferrol/Compostela -
A CIG denuncia a irresponsabilidade do empresariado que co seu bloqueo aboca o sector a intensificar as mobilizacións

CIG-Industria acusa a patronal do metal de "secuestrar" a negociación e denuncia o seu "bloqueo permanente"

A Coruña -
Mantéñense as dúas novas xornadas de folga previstas para os días 16 e 17 de xuño

A CIG convoca unha concentración contra a represión sindical en Monbus

Compostela -
Terá lugar mañá mércores, día 17 de xuño, ás 11:00 horas, na praza de Galiza

A CIG ocupa sedes da Xunta e do SERGAS contra a pretensión do PP de legalizar o abuso das mutuas

Nacional -
A central sindical clama contra a modificación do Plan de mellora da xestión e control da incapacidade temporal porque “a saúde é un dereito, enfermar non é delito”

Milleiros de persoas claman contra Altri e a Mina de Touro, por terra e por mar, na Illa de Arousa

Nacional -
Arredor de 300 embarcacións atronaron coas súas bucinas contra os proxectos cos que a Xunta pretende facilitar a expoliación dos nosos recursos