A patronal prolonga deliberadamente o conflito no metal e os sindicatos exíxenlle que abandone a actitude de bloqueo

A Coruña -
O empresariado apenas modificou as súas propostas iniciais e, malia a convocatoria de novas xornadas de folga, negouse a continuar negociando e a intensificar os contactos para procurar un acordo

Crónica dun enchufe anunciado: como a Xunta adaptou a praza da dirección do CGAC á súa candidata

Nacional -
Esta mañá celebrouse un encontro sectorial da Arte galega, diante do centro, baixo o lema “Nun museo público, o público tamén importa” , para manifestar o seu rexeitamento a este nomeamento

A CIG-Saúde Compostela denuncia o bloqueo da mobilidade interna no CHUS

Hai máis de catro anos que non se resolve un proceso para o persoal sanitario

O IES de Carral convoca folga o día 17 pola imposición unilateral da Consellaría dun ciclo de FP Básica

Carral -
O equipo directivo dimitiu en bloque e o luns 15 está convocada manifestación de toda a comunidade educativa

A proposta ministerial de baixada de ratios en infantil e bacharelato pendente de superar as emendas á totalidade no Congreso o día 18

Nacional -
A CIG-Ensino instou o Ministerio a avanzar na redución en todas as etapas, incluído o primeiro ciclo de infantil

Persoal de INDEA clama en Ourense contra o despido dunha compañeira: “Enfermar non é un delito!”

Ourense -
A CIG-Industria convocou unha concentración esta mañá diante da empresa da automoción no polígono de Pereiro de Aguiar

Oito mil traballadores e traballadoras do metal maniféstanse na Coruña por un convenio digno

A Coruña -
Na sexta xornada de folga o sector advírtelle á patronal: ou hai unha proposta que responda ás demandas sociais ou a folga continuará

Mobilízanse para esixir a recuperación dun plus salarial de hai 20 anos eliminado na escola infantil do Santiago Apóstol de Soutomaior

Soutomaior -
Profesorado desenvolveu hoxe unha concentración convocada pola CIG-Ensino diante do centro educativo coincidindo coa entrada do alumnado

O persoal de Veolia-Viaqua concéntrase en Fene, Compostela, Pontevedra e Ourense en defensa dun convenio digno

Nacional -
O comité intercentros denuncia o bloqueo da negociación por parte da empresa e advirte de que continuará coas mobilizacións

A CIG gaña as eleccións ao comité de cociña, limpeza e mantemento do Hospital QuirónSalud da Coruña

A Coruña -
A central, que obtivo representación por primeira vez nestes servizos, conseguiu tres das cinco persoas delegadas que se escollían

A CIG responsabiliza á patronal da Coruña e a Inditex do bloqueo ao acordo marco galego no comercio

Nacional -
Confirma que a patronal coruñesa, influída por Inditex, é o principal obstáculo para blindar os convenios provinciais fronte ao convenio estatal ARTE

O metal da Coruña chega ao quinto día de folga cunha proposta da patronal para retomar a negociación

A Coruña/Ferrol/Compostela -
Este xoves día 11 tamén hai paro de 24 horas e manifestación central na Coruña, mentres que o venres haberá reunión co empresariado

Inician unha campaña informativa para denunciar as altas temperaturas nos comedores escolares de Ames

Ames -
A primeira acción desenvolverase este xoves, entre as 15:00 e as 16:30 horas, na Escola Infantil do Milladoiro