A CIG reclama a Endesa un compromiso decidido co emprego e a produción industrial nas Pontes

As Pontes -
Na reunión co Ministerio, a eléctrica non concretou a data de solicitude do peche e amosouse moi escéptica coas alternativas

O comité de BorgWarner rexeita a batería de medidas anunciadas pola empresa para reducir persoal

Vigo -
Demanda novos proxectos a desenvolver na planta de Vigo para xerar emprego na comarca

O persoal de Tecman-Rayma denuncia o inmobilismo da UTE e reclama a implicación no conflito dos responsábeis políticos de Navantia

Ferrol -
Os traballadores concentráronse nas instalacións da empresa cando cumpren semana e media en folga

Bombeiros de Vigo instan o Concello a iniciar negociacións de inmediato logo da xustiza anular o decreto "escravista"

Vigo -
A sentenza conclúe que o decreto municipal vulnera a normativa sobre tempo de traballo, horas extra, prevención de riscos e conciliación

A CIG-Compostela e a Federación de Banca homenaxearán a Freixido, do Pastor, o 10 de outubro

Compostela -
Recoñecido cadro histórico do sindicalismo e un “bo e xeneroso” finou o pasado 29 de xullo

A CIG exixe á Xunta máis control e mellores condicións laborais nos centros especiais de emprego

Nacional -
Se a situación non muda solicitarán a descualificación como CEE de Ilunión Servizos Industriais

Galiza rexistra os peores datos de desemprego, en setembro, desde o ano 2011

Nacional -
Aséntase a precariedade e medran o paro e a temporalidade pero baixan as afiliacións á Seguridade Social

Centos de vehículos marcharon das Pontes até A Coruña para pedir unha transición xusta e que Endesa achegue alternativas

As Pontes -
Este mércores hai reunión co Ministerio de Transición Ecolóxica

Persoal de Vulcano marcha a pé de Vigo a Santiago para esixir que a Xunta os reciba

Vigo -
Denuncian que o Goberno galego os abandona tras fracasar os contactos cun inversor que salve o estaleiro e manteña o emprego

O 061 suple a escaseza de ambulancias na área de Vigo contratando empresas que incumpren a lexislación

Vigo -
A CIG presentou máis de medio cento de denuncias dende o mes de maio que non obtiveron resposta

Os efectos do decreto de plurilingüísmo: aumenta o alumnado que non sabe falar galego

Nacional -
A CIG-Ensino demanda que o galego sexa lingua vehicular nas aulas

Indasa anula os despedimentos dos seis traballadores de mantemento que ía cesar hoxe mesmo

Ferrol -
A folga fica suspendida nesta auxiliar pero mantense na UTE Tecman-Rayman ao non haber avances