Galiza pode ser a zona máis afectada pola “brutal restruturación” anunciada polo Santander

Nacional -
O banco, que obtivo 3752 millóns de euros de beneficios o ano pasado, anunciou un ERE que destruirá 3713 empregos

O persoal da planta de Nostián asina un acordo co Concello que garante empregos e condicións

A Coruña -
O documento refírese ás condicións que rexerán a próxima licitación do contrato

CIG-Industria continúa, cunha protesta en Faurencia-Asientos, a campaña contra a precarización laboral e a perda de emprego

Vigo -
Bouzas: “Sempre son os cadros de persoal quen pagan para que as empresas manteñan os seus beneficios”

CIG-Saúde denuncia que Sanidade mantén Galaria como “retiro dourado” da anterior conselleira

Nacional -
Exixe a integración de todos os servizos que xestiona na área sanitaria de Vigo

O TXUE aclara que o rexistro de xornada é obrigatorio

Nacional -
A CIG interveu no conflito Deustche Bank

Concentración por partida dobre nos xulgados da Coruña contra a represión en Ferroatlántica e Vázquez Rey

A Coruña -
Coincidindo cos xuízos polo despedimento do compañeiro Ramos e a sanción imposta a un traballador da empresa de Arteixo

CIG-Saúde de Lugo reclámalle á Xerencia que o rescate da Fisioterapia sexa definitivo e se potencie o servizo de Rehabilitación

Lugo -
A central mantivo unha reunión coa EOXI para abordar á situación de varios servizos

O TSXG recoñece como servizos prestados o tempo de maternidade a unha traballadora das listas temporais do Sergas

Nacional -
CIG-Saúde amosa a satisfacción por este paso adiante na igualdade e non discriminación da muller

Sanidade deixa en mans dun “comité de expertos” nomeado á marxe do consello as medidas para Atención Primaria

Nacional -
A CIG-Saúde denuncia que o PP incumpre os seus compromisos e que ese comité debería saír do Consello

Convocadas asembleas de traballadores/as de Citroen para preparar a folga deste xoves

Vigo -
O paro laboral convócase para esixir solucións á sobrecarga de traballo na montaxe

Exixen a reapertura da mesa de negociación das condicións laborais de Técnicos Forestais do SPDCIF

Nacional -
As organizacións sindicais convocan un acto reivindicativo este xoves, día 16, ás 10:30 horas en San Caetano

A CIG presenta recurso contra a suspensión das actuacións penais pola morte dun traballador nun accidente laboral en Navantia

Ferrol -
Os feitos ocorreron nas instalacións de carenas en marzo de 2015

O persoal de DomusVi mantén as protestas ante a falta de propostas para mellorar os calendarios

Viveiro -
A empresa pretendía que lle asinaran as carteleiras para todo 2019, malia estar pendente de resolverse o conflito colectivo