A CIG denuncia que Monbus mantivo conducindo durante horas a unha traballadora que foi agredida nos urbanos de Santiago

Compostela -
A empresa debería ter parado o autobús, avisado a unha ambulancia para que fora trasladada a urxencias para ser avaliado o seu estado

A Inspección de Traballo confirma incumprimentos graves nos vestiarios do persoal condutor de TRALUSA

Compostela -
Obriga á empresa do Grupo Monbus, que xestiona o transporte urbano de Compostela, a garantir, no prazo de dous meses, instalacións axeitadas e suficientes para o persoal condutor, tendo en conta o número de traballadores e traballadoras por quenda

Comunicado conxunto ante o atraso no pago da nómina por parte de Monbus no transporte urbano de Santiago

Compostela -
Denuncia a desinformación e o intento de manipulación da situación e informa de que se presentou unha denuncia ante a Inspección de Traballo

A Asemblea de traballadores/as do transporte urbano referenda o acordo con TRALUSA e AULUSA-Santiago

Compostela -
A consecución do cadro único supón a desconvocatoria definitiva da folga

Suspendida a xornada de folga prevista para hoxe no transporte urbano de Santiago “para dar tempo á negociación”

Isto non implica a desconvocatoria do paro do 21 de marzo, nin da folga indefinida prevista a partir do 1 de abril, se non se resolve o conflito

Traballadores e traballadoras do transporte urbano de Compostela mobilízanse contra a discriminación que sofren

Compostela -
Agardan que a empresa resolva o conflito antes de chegar á folga indefinida, a partir do 1 de abril

Convocatoria de folga no transporte urbano de Santiago pola “discriminación histórica” que sofre o persoal de Tralusa e Aulusa

Compostela -
Os paros están convocados para os venres días 14 e 21 de marzo e a folga pasará a ser indefinida o 1 de abril e teñen convocada unha concentración este venres, ás 11:30 horas, e outra o día 12 ás 11:30

A CIG demandará a TRALUSA por vulnerar os dereitos fundamentais á liberdade de expresión e á liberdade sindical

Compostela -
A concesionaria dos autobuses urbanos de Santiago, do Grupo Monbus, abriu expediente disciplinario á presidenta do comité, por responder ás preguntas dun xornalista sobre as deficiencias dos vehículos

Os condutores da liña do aeroporto de Santiago exixen solucións no Concello

Compostela -
Interviñeron no pleno municipal que debateu dúas iniciativas sobre a súa situación

O xulgado condena a Tralusa a readmitir o traballador despedido por querer presentarse ás eleccións sindicais pola CIG

Santiago -
A empresa, do Grupo Monbus, negouse a subrogalo alegando que se trataba dun conflito con Freire, a anterior concesionaria

Os condutores da liña Santiago aeroporto advirten que o conflito non rematará mentres non sexan readmitidos

Compostela -
Manifestáronse en demanda de que o concello poña o orzamento necesario para garantir os empregos

Os traballadores da liña Santiago aeroporto concéntranse para reclamar a súa inmediata subrogación

Compostela -
Demandan do concello accións “concretas e verificables” con TRALUSA