O persoal de Veolia-Viaqua concéntrase en Fene, Compostela, Pontevedra e Ourense en defensa dun convenio digno

Nacional -
O comité intercentros denuncia o bloqueo da negociación por parte da empresa e advirte de que continuará coas mobilizacións

A CIG responsabiliza á patronal da Coruña e a Inditex do bloqueo ao acordo marco galego no comercio

Nacional -
Confirma que a patronal coruñesa, influída por Inditex, é o principal obstáculo para blindar os convenios provinciais fronte ao convenio estatal ARTE

Arrinca en Arzúa o Camiño de Santiago reivindicativo por melloras nos sectores da discapacidade, menores e infantil 0-3

Arzúa -
A mobilización culminará o mércores cunha folga parcial de 6 horas (das 9 ás 15 horas) e cunha marcha desde o Monte do Gozo até a sede da Xunta, en San Caetano, con saída ás 11 horas

As grandes cadeas de téxtil e calzado obrigadas a pechar na nova xornada de folga contra o convenio ARTE

Nacional -
Está convocada outra mobilización para o vindeiro 27 de maio, ás 12:00 horas, diante da sede da CEC, na Coruña

O comité de PreZero denuncia “mala fe” da empresa na negociación do convenio e non descarta mobilizacións nin folga

Compostela -
A representación do persoal de parques e xardíns de Santiago acusa a concesionaria de retirarse dun preacordo xa validado en asemblea e reclama mediación pola falta de confianza

Denuncian a precariedade no sector da hostalaría e reclaman un convenio digno

Nacional -
CIG, CCOO e UGT concentráronse esta mañá en Compostela para exixir que o incremento de beneficios no sector redunde en mellores condicións laborais

A CIG rexeita o primeiro convenio de empresa de DIGI asinado en Madrid por CCOO e UGT

A Coruña -
Denuncia que recorta dereitos, que foi pactado ás costas do persoal e anuncia un calendario de mobilizacións entre o 19 de agosto e o 4 de setembro

O persoal do servizo de recollida de lixo de Nigrán leva 5 anos sen cobrar os atrasos

Nigrán -
Concentráronse esta mañá diante do concello para reclamar a negociación do convenio

Asinado o novo convenio de hostalaría de Ourense con avances en permisos, festivos e salarios

Ourense -
A CIG-Ourense chama á loita contra os abusos empresariais para combater os incumprimentos

A CIG non asina o preacordo de convenio de Pescanova pola perda de dereitos que supón

Nacional -
Acusa a CCOO e UGT de renunciar á loita sindical e de pregarse ás ameazas da empresa

O cadro de persoal de Aludec Pontevedra, en pé de guerra contra a precariedade laboral

Pontevedra -
Mobilizouse hoxe nas instalacións da empresa no polígono da Reigosa (Ponte Caldelas) para reclamar convenios dignos

Continúan as mobilizacións da limpeza hospitalaria en demanda do cumprimento dos acordos

Compostela -
A CIG denuncia a represión de Ilunion contra o cadro de persoal enviando ducias de apercibimentos con motivacións infundadas

As traballadoras de residencias e de SAF unirán forzas nunha andaina reivindicativa en Compostela

Nacional -
Sairán en dúas marchas, desde o Norte e desde o Sur da cidade, para confluír en San Caetano, o vindeiro martes, día 10 de xuño