Os altos niveis de precariedade da sanidade ourensá afondan no déficit de profesionais

Ourense -
A elevada temporalidade segue a ser unha constante: a duración do 92% dos vínculos ofertados dende o inicio do ano foi de menos de seis meses

Cuarta xornada de folga nas residencias privadas de maiores e centros de día por un convenio digno

Nacional -
Ante a falta de movementos da patronal e a inacción de Política Social, as asembleas de traballadoras avaliarán o próximo calendario de mobilizacións

As traballadoras das escolas infantís municipais da Coruña volven á rúa para demandar feitos concretos

A Coruña -
Reclaman que se cumpra o recollido na moción aprobada polo pleno do pasado 10 de abril

O persoal de panadarías de Lugo mobilízase contra as propostas de miseria da patronal

Lugo -
A oferta do empresariado suporía seguir deixando o convenio por debaixo do SMI e cunha xornada anual desfasada

O sector da limpeza da Coruña retomará as mobilizacións en resposta ao bloqueo patronal á negociación

A Coruña -
CIG e UGT denuncian que ASPEL pretende conxelar salarios e consolidar a precariedade laboral

CIG-Servizos advirte da precariedade laboral nos centros de día de AFAL Ferrolterra

Ferrol -
Denuncia sobrecarga de traballo, aplicación dun convenio de categoría inferior, xornadas parciais ou cambios de quenda constantes

As mulleres da CIG mobilizaranse este 8 de Marzo en demanda de traballo, igualdade e salarios dignos

Nacional -
A central advirte que a fenda salarial acada o 18,4% en Galiza e que esta non se poderá reducir mentres non haxa unha valoración xusta dos traballos feminizados

A CIG reclama un SMI de 1.320,04€ ao mes para 2025 e unha xornada semanal de 35 horas

Nacional -
Demanda un incremento salarial do 5% e rexeita que as mutuas xestionen as continxencias comúns

A Xunta de Galiza perpetúa a precariedade do persoal da investigación sanitaria para esquivar as súas obrigas legais

Nacional -
A CIG-Saúde denuncia que lonxe de ofrecer estabilidade real, a Xunta opta por medidas que perpetúan a súa vinculación temporal