Manifestación nacional do sector de coidados e de atención ás persoas en Santiago este sábado día 22

Nacional -
A CIG-Servizos ten en marcha unha campaña de folgas e mobilizacións para reclamar convenios colectivos que dignifiquen as condicións laborais

O sector de coidados vive a súa sétima xornada de folga dende setembro por convenios dignos en residencias e SAF

Nacional -
Centos de persoas traballadoras están a secundar o paro e participaron nas mobilizacións convocadas en nove localidades do país

O sector de coidados protagonizará unha nova folga o martes 4 por condicións dignas nas residencias e nos SAF

Nacional -
A CIG-Servizos convoca tamén mobilizacións en nove localidades do país

As traballadoras do sector de coidados dan outra lección de dignidade cunha nova xornada de folga

Nacional -
Centos de persoas mobilizáronse en distintas localidades do país para reclamar melloras nas condicións laborais nos SAF e nas residencias

A CIG pídelle á FEGAMP unha reunión urxente da mesa de traballo do protocolo do SAF e que se entregue o texto anunciado por Rueda

Nacional -
Insiste en que ten que ser o ISSGA quen traslade o borrador para elaborar o documento definitivo con medidas de protección reais para o persoal

Convocadas dúas novas xornadas de folga nas residencias de maiores e centros de día privados e nos SAF

Nacional -
A CIG chama a secundar os paros de 24 horas deste xoves 23 e do martes 4 de novembro e a participar nas protestas por unhas condicións dignas

Nova xornada de folga do persoal de residencias, centros de día e SAF pola dignificacións das condicións laborais

Nacional -
Centos de traballadoras e usuarias desenvolveron mobilizacións ao longo do país para visibilizar a súa loita a pesar duns servizos mínimos abusivos

A CIG convoca catro días de folga nas residencias de maiores e nos SAF

Nacional -
Reclama o desbloqueo das negociacións dos convenios para dignificar as condicións laborais e esixe un protocolo que garanta a seguridade do persoal

Persoal das residencias de maiores privadas en loita por un convenio digno mobilízase nun Congreso de Xeriatría en Ourense

Ourense -
A intención da CIG-Servizos era forzar unha xuntanza co presidente da patronal maioritaria do sector en Galiza, que evitou calquera contacto

Persoal de residencias privadas galegas mobilízase en Vigo nun acto co presidente da Xunta e a conselleira de Política Social

Vigo -
Trasladou as súas reivindicacións por un convenio digno ao XXII Congreso da Confederación Española de Organizaciones de Mayores (CEOMA)

Amplo seguimento na primeira xornada de folga nas residencias privadas en demanda dun convenio digno

Nacional -
A CIG rexeita os abusivos servizos mínimos impostos e reclama a implicación da Consellaría de Política Social no conflito