A CIG volve mobilizarse nos xulgados de Pontevedra en apoio do delegado da conserva denunciado por participar nun piquete

Pontevedra -
O proceso penal por un suposto delito de lesións quedou visto para sentenza. O xuíz non admitiu as acusacións de allanamento e coaccións

Avánzase na negociación do plan de igualdade de Bolton Food, empresa cunha fenda salarial do 38%

O Salnés -
Chegouse a un acordo no SIMA para que a compañía entregue a documentación de auditoría retributiva e de valoración de postos

Os soldos subirán sobre un 6% na conserva ao aplicarse o novo convenio e a cláusula de revisión do IPC real

O Salnés -
A comisión de igualdade está a traballar na mellora da clasificación profesional para rematar coa discriminación das mulleres

As traballadoras de Albo proseguen coas folgas e as mobilizacións contra os plans de peche da empresa

Viveiro -
Mantiveron unha reunión coa Xunta e este xoves manifestaranse dende a fábrica até Viveiro

Seguimento total na 1ª xornada de folga na conserveira Albo de Celeiro

Viveiro -
As traballadoras/es reivindican o mantemento do emprego e a actividade produtiva

A CIG rexeita o peche da conserveira Albo e reclama manter a actividade e os empregos en Celeiro

Viveiro -
A decisión supón o cese da última conserveira que queda en activo na comarca da Mariña

Mobilízanse no SMAC en Pontevedra coincidindo co acto de conciliación polos despidos de Atunlo O Grove

O Grove -
Celebrarase xuízo tras non chegar a un acordo para deixar sen efecto as 14 rescisións de contrato inxustificadas

Un grupo de traballadoras/es de Atunlo O Grove clama pola readmisión de 14 compañeiras/os

O Grove -
Desenvolveron unha protesta convocadas/os pola FGAMT-CIG para rexeitar os despedimentos

A CIG convoca protestas para rexeitar os despedimentos inxustificados na empresa Atunlo O Grove

O Grove -
Este martes día 12 terá lugar unha concentración diante da compañía de 14:00 a 15:00 horas

"O preacordo no convenio colectivo das conservas é o mellor negociado até o de agora no sector"

Vilagarcía -
O pacto, que está a ser ratificado masivamente nas asembleas, garante o poder adquisitivo e avanza na eliminación da fenda salarial

Preacordo no convenio das conservas de peixe ao garantirse o poder adquisitivo e avanzar na eliminación da fenda salarial

Nacional -
A CIG logrou que a actualización dos soldos se faga en base ao IPC real e un incremento adicional para as categorías feminizadas

A FGAMT-CIG rexeita a oferta de compra da conserveira Thenaisie porque só garante 12 dos 140 empregos

O Grove/Mos -
Considera que a proposta “insultante” de Conservas Dani incumpre o plan de liquidación

O persoal de Thenaisie Provote demanda que Industria e Pesca presionen para desbloquear o conflito

O Grove -
Concentráronse este mércores diante do Parlamento onde se entrevistaron con todos grupos