A CIG rexeita o novo ERE de Cruz Vermella que afecta ao mesmo persoal que xa fora despedido no anterior expediente

Nacional -
A entidade executou un despedimento colectivo en 2024 que foi anulado pola Audiencia Nacional

O 100% persoal de almacén de Amazon no Porriño secunda a xornada de folga para reclamar melloras laborais

O Porriño -
Denuncian a precariedade na contratación, a sobrecarga laboral e ter que traballar en domingos sen remuneración

O persoal de Industrias Losán mobilizase o 29 de decembro na sede administrativa da empresa na Coruña

Curtis -
Previamente, ese día farán unha concentración no SMAC

Amplísimo seguimento da folga en Vegalsa-Eroski para reclamar condicións laborais e salariais dignas

Nacional -
O paro afecta ás tendas Eroski, Familia e Cash Record e aos centros loxísticos que a empresa ten na provincia da Coruña e o hipermercado de Ribadeo

A CIG considera esgotada a vía estatal de negociación na seguridade privada e insta a pactar un convenio galego de sector

Nacional -
Persoas delegadas e traballadoras mobilizáronse hoxe Vigo no marco da campaña para reclamar unhas condicións laborais dignas

O persoal do Concello de Cariño concentrarase a diario para exixir a aprobación da RPT

Cariño -
Acordaron non facer horas extras mentres non se actualice unha relación de postos de traballo que levan 18 anos intentando negociar

CIG-Saúde rexeita a proposta do Ministerio de Sanidade sobre xubilación parcial e anticipada

Nacional -
Denuncia falta de garantías, a ausencia de acción de goberno conxunta e a inexistencia de compromisos efectivos en materia de xubilación, xornada e retribucións ligada á clasificación profesional

A CIG acusa a xudicatura de “torpedear” a modernización da Xustiza

Nacional -
Preténdese instaurar a figura dun funcionario/a como asistente persoal dos maxistrados/as, “algo que non é propio dunha Administración do século XXI”

O transporte en autobús chega á cuarta xornada de folga tras o fracaso da mediación

A Coruña -
A patronal levantouse da mesa sen trasladar ningunha proposta abocando a continuar no conflito

O persoal de Correos de Lalín pecha o ano cunha nova mobilización en defensa do servizo

Lalín -
A Unidade de Reparto seguirá en loita pola mellora das condicións de traballo e pola cobertura das prazas vacantes