CIG-Saúde mantén convocatoria de folga no Sergas o 2 e 3 de novembro

Nacional -
Chama á concentración diante da consellaría de Sanidade para o día 3 de novembro, ás 11:00 h

Centos de persoas saúdan a declaración da república catalá e rexeitan o "golpe de estado do 155"

Nacional -
As protestas desenvolvéronse baixo a consigna "Independencia, liberdade, democracia"

Preséntase unha proposta de modificación transitoria do Decreto de acceso á función pública docente

Nacional -
A CIG-Ensino considera que a proposta non colma as demandas do profesorado interino

O 100% do persoal de Bershka en Pontevedra para no segundo día de folga

Vigo -
O comité convocou folga indefinida para rematar coa discriminación entre traballadoras/es

A Xunta de Persoal de Xustiza en Pontevedra critica o tratamento informativo da detención dun compañeiro en relación coa vaga de lumes

Vigo -
Reclama respecto pola presunción de inocencia mentres non haxa condena

O Concello de Guitiriz, obrigado por sentenza a recoñecer o dereito dunha traballadora a conciliar

Guitiriz -
A CIG de Lugo-A Mariña entende que a resolución constata un novo abuso legal do goberno municipal

O persoal das auxiliares de Navantia decide a suspensión temporal da folga

Ferrol -
CIG-Industria subliña a forza e a determinación amosada polos/as traballadores/as nos 22 días de paro

Paro total nas tendas de Bershka da provincia de Pontevedra contra a discriminación laboral

Vigo -
Os cinco establecementos non abriron as súas portas na primeira xornada de folga indefinida

Comité Intercentros CRTVG exixe o cese do Xefe de Redacción da Radio Galega

Nacional -
Dirixiu un escrito ao Director Xeral da Corporación a raíz do artigo “Carroñeros de la desolación

“Combatimos lumes forestais de cuarta e quinta xeración cun SPDCIF do século pasado”

Nacional -
Os delegados/as da CIG denuncian que o dispositivo público da Xunta está ancorado na década dos 90

A CIG manifesta toda a súa solidariedade de clase ao pobo de Catalunya

Nacional -
Galiza con Catalunya convoca concentracións en cidades e vilas galegas este venres día 27

O emprego precario, temporal e conxuntural suaviza os datos da EPA

Nacional -
As contratacións correspóndense coa tempada de verán e fundamentalmente co sector Servizos

A folga na industria auxiliar de Navantia cumpre 21 días coa vista posta na votación deste xoves

Ferrol -
O persoal decidirá con todas as garantías seguir ou non co paro