Documento


Negociación colectiva 2011

Unha visión breve e panorámica do acontecido nestes dous anos, chega para comprender o extraordinario dunha situación que determina unhas variables inesperadas para o Mundo do traballo. A destrución do emprego é alarmante no País e especialmente nas cidades industriais. O Sector Naval en Vigo perdeu mais de 5000 postos de traballo en 18 meses, desaparece o IPC previsto como referencia de incremento e por primeira vez os incrementos salariais son inferiores ao IPC . Redúcese o Salario dos Traballadores e Traballadoras da Administración Pública, Conxélanse as pensións e prepárase unha nova reforma, ao tempo que a privatización dos servizos públicos experimenta unha nova acometida. Con seguridade os salarios continuarán descendendo en sintonía cunha maior elevación da xornada laboral. As reformas laborais pretenden isto, unha maior precariedade que permita unha maior sobreexplotación, que a maiores prodúcese nun tempo histórico dunha aguda crise produtiva que debilita a resposta reivindicativa a prol da mellora das condicións de traballo. Por esta razón debemos politizar mais que nunca a negociación colectiva para que o dano e o retroceso non sexa tan severo.


Arquivos: