Documento
Normativa básica marca gráfica CIG
Normativa Básica de Identificación - Marca Gráfica e aplicacións
A Marca da CIG poderá adoptar conxuntos de identidade (Modelos de Marca) que deben ser utilizados en función das necesidades de deseño e comunicación.
Tipografías e Cores
As tipografías e as cores, xunto coa Marca, forman parte dun conxunto de elementos gráficos que constitúen a identificación da organización. As tipografías constitúen uns elementos fortemente caracterizadores na Identidade Visual da CIG.
A tipografía principal elixida para formar o logotipo da Confederación Intersindical Galega, é a Helvética Condensada negra. Como tipografías complementarias poderanse utilizar todos os estilos da Helvética Condensada que se amosan no documento
As cores principais da CIG serán o o vermello Pantone 200, o negro e o branco.