Martes 24 Xaneiro 2017 10:00h Vigo
A CIG-Vigo celebrará unha asemblea de delegados/as o martes 24 de xaneiro para preparar a manifestación do sábado 28 en Santiago en defensa do sistema público de pensións. Durante o encontro, que terá lugar no salón de actos da igrexa dos Capuchinos ás 10.00 horas, os representantes sindicais abordarán a campaña posta en marcha pola central para a recuperación de dereitos laborais e sociais perdidos e as propostas e alternativas en materia de pensións.
Volver
Usamos cookies para mellorar a túa experiencia de navegación e uso. Consulta a nosa política de cookies e a nosa política de protección de datos. Preme en aceptar para confirmar que aceptas a información presentada e pechar este cadro.