A CIG convoca unha serie de mobilizacións comarcais o mércores 15 e o venres 17 de febreiro en Vigo, A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vilagarcia e A Estrada. As protestas forman parte da campaña pola recuperación de dereitos laborais e sociais que desenvolve a central.
-A Coruña: concentración no Obelisco ás 20.00 horas.
-Santiago: manifestación dende a Praza Roxa ás 20.00 horas.
-Lugo: concentración na Subdelegación do Goberno ás 20.00 horas.
-Ourense: asemblea de delegadas/os ás 10.00 horas e concentración na Subdelegación do Goberno ás 11.30 horas.
-Pontevedra: asemblea de delegados/as ás 10.00 horas e concentración na Subdelegación do Goberno ás 12.00 horas.
-Vilagarcía: asemblea de delegados/as ás 10.00 horas e concentración na oficina do Inem ás 12.00 horas.
-Vigo: manifestación dende a Dobrada ás 20.00 horas.
-Ferrol: cadea humana dende o INSS ás 11.30 horas.
*O venres 17 de febreiro haberá manifestacións en Pontevedra, A Estrada e Vilagarcía ás 20.00 horas.