A CIG chama a mobilizarse co feminismo galego este martes 12 de marzo en repulsa á violencia machista

Están convocadas preto de 30 concentracións en cidades e vilas de toda Galiza

Nacional -

A CIG fai un chamamento a participar activamente nas mobilizacións convocadas polo feminismo galego en preto de 30 localidades do país para este martes, 12 de marzo, contra a violencia machista e en repulsa ao feminicidio de María José Aboi, de 43 anos, asasinada polo seu marido o pasado domingo en Valga.

Desde a Confederación Intersindical Galega unímonos ao rexeitamento da violencia machista e facemos un chamamento á mobilización de toda a sociedade galega contra este asasinato, acontecido tan só unhas horas despois de que milleiros de persoas saíran ás rúas de Galiza para denunciar as discriminacións e a violencia que sofren as mulleres polo simple feito de selo.

Este martes, ao igual que o día 8 de marzo, temos que dar unha resposta contundente nas rúas. Que o silencio non nos faga cómplices. Ningunha agresión pode quedar sen resposta.

Mobilizacións

Volver