A CIG chama a mobilizarse no Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres

Están convocadas en distintas cidades e vilas do país, como Ourense, Vigo, Coruña, Santiago de Compostela, Ferrolterra e Arzúa
Nacional - 24 Nov 2017

A secretaría das Mulleres da CIG chama a participar nas mobilizacións convocadas para mañá sábado, día 25 de Novembro, pola Marcha Mundial das Mulleres, da que a central sindical fai parte, baixo o lema “O machismo oprime e mata dende a infancia. Ningunha atrás! Mobilizacións coas que se quere visibilizar, como no resto do ano, a violencia que sofren as mulleres polo feito de o ser mulleres e reclamar medidas efectivas para combatela.

Lugares e horas:

  • Ourense, ás 19 horas diante do CC Ponte Vella
  • Vigo ás 20 horas dende a Farola de Urzáiz
  • Coruña, ás 19 horas no Obelisco
  • Compostela, ás 20 horas dende a praza 8 de marzo
  • Ferrolterra, ás 18 horas diante do polideportivo de San Valentín en Fene
  • Arzúa, ás 19:30 horas diante da entrada principal do Multiusos