A CIG chama a participar nas concentracións convocadas polo feminismo galego en repulsa á violencia machista

O xoves 14 de abril na Coruña, Compostela, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Val Miñor
A Coruña - 13 Abr 2016
A CIG fai un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas polo feminismo galego para este xoves, 14 de abril, en repulsa ao asasinato machista de Tatiana Vázquez, de 24 anos, en Lugo.

O asasinato de Tatiana non pode ser considerado como un máis dunha longa lista de feminicidios. É o segundo ocorrido no ano 2016 en Galiza, mais debera ser o último. Non podemos asumir a cotidianidade dos asasinatos de mulleres.

Desde a Confederación Intersindical Galega unímonos ao rexeitamento da violencia machista e facemos un chamamento á mobilización de toda a sociedade galega contra este feminicidio. Que o silencio non nos faga cómplices. Ningunha agresión pode quedar sen resposta.

Horas e lugares das concentracións:

-A Coruña, no Obelisco (ás 20 horas).

-Compostela, na Praza 8 de marzo /Porta do Camiño (ás 20:30 horas).

-Ferrol, na  Praza do Concello(ás 20 horas).

-Lugo, na Praza do Concello (ás 20 horas).

-Ourense, Castañeira, Subdelegación do Goberno (ás 20 horas).

-Pontevedra, diante da Audiencia Provincial, R/ Rosalía de Castro (ás 20 horas).

-Vigo, no Marco (ás 19:30 horas).

-Val Miñor, no Parque da Ramallosa (ás 20 horas).