CIG chama a participar nas concentracións convocadas polo feminismo galego contra a violencia machista

Nacional - 07 Feb 2023

A CIG fai un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas polo feminismo galego para este mércores, 8 de febreiro, en varias localidades do país, en repulsa ao feminicidio de  Beatriz Lijó o pasado domingo, en Baiona.

A central insta a toda a sociedade a que visibilice o seu rexeitamento aos valores patriarcais que perpetúan e consolidan na sociedade esta violencia sexista.

Desde a Confederación Intersindical Galega unímonos ao rexeitamento da violencia machista e facemos un chamamento á mobilización de toda a sociedade galega contra este asasinato. Que o silencio non nos faga cómplices. Ningunha agresión pode quedar sen resposta.

Horas e lugares das mobilizacións:

  • A Coruña, 20h Obelisco
  • A Guarda, 20.30h Praza do Reloxo
  • As Pontes, 20.30h Praza do Hospital
  • Betanzos, 20h detrás do Palco da música´
  • Burela, 20h Praza da Mariña
  • Cabanas, 20h diante do Concello
  • Catoira, 20h Alameda do Concello
  • Compostela, 20h Praza 8 de marzo
  • Ferrol, 20h Praza Amada García
  • Lalín, 20.30h Praza da Igrexa
  • Lugo, 20h diante do Concello
  • Melide, 20h Praza do Convento
  • Moaña, 19h Praza do Concello
  • O Porriño, 20h Praza do Concello
  • Ourense, 20h Castañeira
  • Padrón, 21h enfronte do Concello
  • Pontevedra, 20h Audiencia Provincial
  • Ribadeo, 20h Praza 8 de marzo
  • Ribeira, 20h Praza do Concello
  • Val Miñor, 20h Rotonda da Ramallosa
  • Vigo, 20h MARCO
  • Xinzo de Limia, 20.30h no mural do Centro de Saúde