A CIG chama a participar nas mobilizacións en reposta ao feminicidio de Mos

Nacional - 02 Feb 2026

A CIG chama a participar nas mobilizacións convocadas polo feminismo galego para a tarde deste martes, 3 de febreiro, en repulsa ao feminicidio de María Belén F. F. de 52 anos, acontecido este domingo 1 de febreiro en Sanguiñeda, Mos.

A CIG insta a visibilizar nas rúas o rexeitamento aos valores patriarcais que perpetúan e consolidan na sociedade esta violencia sexista. Unímonos ao rexeitamento da violencia machista para que ningunha agresión quede sen resposta porque non podemos asumir que os feminicidios son inevitábeis.

Debemos exixir todos os medios precisos para garantir unha vida sen violencia para todas as mulleres, alertar de que o machismo mata e erguer as nosas voces para que o silencio non nos faga cómplices.

A Coruña, 20h Obelisco
A Guarda, 20h Praza do reloxo
As Pontes, 20.30h Praza do Hospital
Betanzos, 20h Palco da Músic
Cangas, 20h diante do Concello
Carnota, 19h Praza da Pedra
Compostela, 20h Praza 8M
Ferrol,20h Praza de Armas
Lugo, 20h diante do Concello
Melide, 20.30h Praza do Convento
Moaña, 19.45h Xardíns do Concello
Monforte, 20h Praza de España
O Rosal 19h Praza do Concello
O Porriño, 20h Praza do Concello
Ourense, 20h Castañeira (Subdelegación)
Pontedeume, 20.15h diante do Concello
Pontevedra, 20h Audiencia
Ribadavia, 20h Praza da Madalena
Ribadeo, 20.30h Praza 8 de Marzo
Ribeira, 20h Praza do Concello
Tui, 20h Praza da Inmaculada
Val Miñor, 20h Cruce da Ramallosa
Vigo, 20h Museo MARCO
Vilagarcía de Arousa, 20h Praza Galicia
Vilalba, 20h no Templete