A CIG chama a participar nas mobilizacións que Galegas8M ten convocadas para este 8 de marzo

Baixo o lema “Sen coidados non hai vida: mudando o sistema, derrubando o patriarcado”

Santiago de Compostela -

A CIG fai un chamado a participar este domingo, 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, nas numerosas mobilizacións que Galegas8M ten convocadas por toda a xeografía de Galiza baixo o lema “Sen coidados non hai vida: mudando o sistema, derrubando o patriarcado”.

Neste 2020, o feminismo galego chama a todas as mulleres do noso país a saír ás rúas o vindeiro 8 de marzo, e, máis unha vez, como nos anos anteriores, facer tremer Galiza, deixando ben claro que facemos parte dun movemento imparábel, que esiximos poñer a vida das persoas no centro das políticas públicas, e que non imos calar até que se consiga a eliminación das violencias machistas e de todas as discriminacións que padecemos as mulleres.

Visibilizar o invisíbel

Un ano máis, a CIG dará unha resposta feminista e de clase á explotación, invisibilización e desigualdade. Porque no actual mercado de traballo, os traballos feminizados seguen sendo sinónimo de oficios precarios, nos que se perciben os peores salarios e en peores condicións laborais, con xornadas parciais, dereitos laborais non recoñecidos, acoso, agresións e precariedade.

Alén das condicións laborais, non queremos esquecernos da invisibilidade dos traballos de coidados, en todo ese tempo de traballo principalmente realizado polas mulleres, pero do que se beneficia o resto da sociedade, tempo de traballo indispensábel para o mantemento do sistema capitalista, que aparta de todos os seus procesos produtivos e de valor as tarefas asociadas ao doméstico e, por tanto, ás mulleres.

Esiximos dereitos laborais e protección social para todos os traballos feminizados; unha valorización social e económica acorde á importancia do traballo de coidados, recoñecendo o coidado como un dereito universal para todas as persoas, destinando os servizos e recursos públicos que sexan precisos para garantir o benestar.

Porque ficando caladas non se muda a realidade, participa nas mobilizacións convocadas polo feminismo galego durante a xornada do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora!

Podes atopar máis información sobre as convocatorias de Galegas8M na súa web: http://galegas8m.gal/convocatorias/8m-2020/

MOBILIZACIÓNS E ACTOS CONVOCADOS POR GALEGAS8M PARA O 8 DE MARZO DE 2020

A CORUÑA, manifestación ás 12 dende o Obelisco

A ESTRADA, concentración ás 12h na Praza do Mercado

A GUDIÑA,  concentración ás 17h na Praza Maior

ALLARIZ, manifestación ás 12h dende o Campo da Barreira

AS PONTES, manifestación ás 12:30h dende o Concello

BETANZOS, concentración ás 12h no Palco da Música

BOIRO,  manifestación ás 18h dende a Praza do Concello

CAMBADOS, manifestación jás 12h dende o Concello

CARBALLO, manifestación ás 19h dende os Xulgados

CARNOTA, sábado 7 de marzo Cadea humana na praia de Carnota ás 12h

CEE, manifestación ás 12h dende a Praza 8 de Marzo

CHANTADA, na Praza do Cantón, ás 12h lectura de manifesto, ás 13h foliada feminista e ás 14:30 xantar de mulleres

COMPOSTELA, Treboada feminista/manifestación, ás 12h dende a Rotonda do Castiñeiriño, Rotonda de Conxo, Rotonda das Cancelas, Rotonda de Salgueiriños. Ás 19:30h, manifestación dende a Praza 8 de Marzo

FERROL, manifestación ás 12h dende O Inferniño

FOZ, manifestación ás 12h dende A Rapadoira

LALÍN, manifestación ás 12h dende o KM.0 

LUGO, manifestación ás 12h dende o edificio multiusos da Xunta

MÁRÍN, venres 6 de Marzo, manifestación ás 20:30 dende a Praza 8 de Marzo

MONFORTE, concentración ás 13h na Praza da Compañía

OURENSE, concentración ás 12h na Praza Maior e manifestación ás 20h dende a Subdelegación do Goberno

PADRÓN, manifestación ás 13h dende a Praza das Marías

PONTEVEDRA manifestación ás 17:30h dende a Praza do Hospital 

RIBADAVIA, concentración ás 13:30h na Praza Maior

RIBEIRA, na Praza de España, ás 11h pintada de murais, ás 13h acto reivindicativo

e ás 13:30 concentración e lectura de manifesto.

SADA, concentración ás 18h na Praza Irmáns Suárez Picallo

SARRIA, manifestación ás 18:30h na Praza do Concello

VIGO,  manifestación ás 18:00h dende Vía Norte con Urzáiz, ao remate actuacións na Praza de Compostela. Ás 12h intervención na Farola de Urzáiz. Ás 14h recital de poesía e foliada na Praza de Portugal.

VILABOA, marcha feminista até Pontevedra ás 15h con saída dende S. Figueirido até a praza do Hospital de Pontevedra

VILAGARCÍA, manifestación ás 12:30h dende a Praza de Galiza

VILALBA, manifestación ás 13h dende a Praza da Constitución. Concentración ás 18:30h e actividades na Praza do Concello de 10:30 a 18:30h

VIMINIANZO, sábado 7 de Marzo, concentración ás 20:30h

Volver