A CIG consigue a maioría absoluta en Veolia, concesionaria de mantemento do Cunqueiro

Fíxose con 3 dos 5 representantes que se escollían no comité
Vigo - 01 Dec 2020

A CIG-Industria de Vigo conseguiu a maioría absoluta nas eleccións sindicais que se veñen de celebrar en Veolia, concesionaria do servizo de mantemento do hospital Álvaro Cunqueiro. A central fíxose con 3 dos 5 representantes que se escollían no comité de empresa.

Tras o proceso que tivo lugar onte a CIG sitúase como principal forza en Veolia, ao mellorar os resultados acadados nas anteriores eleccións, nas que obtivera 2 delegados/as. Nesta ocasión sumou 1 máis, todos no colexio de especialistas, grazas aos 45 votos colleitados (dun total de 59 emitidos). 

A central mellorou o resultado do anterior proceso ao sumar un novo delegado/a

O comité complétano un representante de CCOO, que sumou 14 apoios no colexio de especialistas e outro da UGT, que contabilizou 8 votos entre o persoal técnico e administrativo. A CIG presentou candidatura por primeira vez neste colexio, rexistrando 4 votos.

Dende a representación sindical da CIG en Veolia agradecen a confianza recibida por parte do persoal do servizo de mantemento do Álvaro Cunqueiro e reiteran o seu compromiso na defensa dos dereitos laborais do conxunto dos traballadores/as da empresa.