A CIG convoca mobilizacións nas cidades e vilas con motivo da xornada de paro xeral por Palestina
No marco da xornada de paro xeral por Palestina do próximo 15 de outubro, a CIG ten convocadas mobilizacións ese día pola mañá en diversas cidades e vilas para visibilizar a solidariedade do pobo galego co pobo palestino, reclamar a fin do xenocidio e da ocupación ilegal e para exixir medidas políticas e económicas reais e efectivas contra o Estado sionista de Israel.
A convocatoria da CIG abrangue a todo o persoal de todos os centros de traballo públicos e privados situados en Galiza e consiste nun paro de catro horas por quenda laboral, nas seguintes franxas horarias:
- Das 22:00 horas do día 14 de outubro ás 02:00 horas do día 15, na quenda de noite.
- Das 10:00 horas ás 14:00 horas, na quenda de mañá.
- Das 18:00 horas ás 22:00 horas, na quenda de tarde.
Horas e lugares das mobilizacións convocadas pola CIG:
- A Coruña: na Praza de Vigo ás 11h.
- A Estrada: na Praza do Novo Mercado ás 12h.
- A Guarda: na Praza Avelino Vicente ás 11.30h.
- Carballo: na Praza do Concello ás 12h.
- Compostela: na Praza Roxa ás 12h.
- Ferrol: na Praza do Concello ás 12h.
- Lugo: no Edificio Sindical ás 12h.
- Monforte: na Praza de España ás 12h .
- Ourense: na Subdelegación do Goberno ás 11.30h.
- Pontevedra: na Ferrería ás 12h.
- Ribadeo: no Cantón ás 12h.
- Ribeira: na Porta do Sol ás 12h.
- Verín: na Praza do Concello ás 12h.
- Vigo: no Cruce de Vía Norte ás 11.30h.
- Vilagarcía: na Praza Ravella ás 12h.
Mobilizacións da Coordinadora Galega
A CIG fai un chamado a secundar estes paros laborais e as mobilizacións e a participar tamén nas protestas que a Coordinadora Galega de Solidariedade con Palestina organiza o 15 de outubro ás 20 horas.