A CIG convoca unha asemblea para informar do convenio de Panadarías e Pastelarías de Pontevedra

Terá lugar este martes 23 no local de Vigo ás 17:00 horas
Vigo - 22 Xul 2019

A CIG convoca a todos/as os traballadores/as do sector de panadarías e pastelarías a unha asemblea para informar sobre as negociacións do convenio provincial de Pontevedra. O encontro celebrarse no local do sindicato en Vigo este martes 23 ás 17:00 horas. Dende a central apostan por un convenio digno sen recorte de dereitos e con salarios xustos.