A CIG convoca unha concentración contra a represión sindical en Monbus
Terá lugar mañá mércores, día 17 de xuño, ás 11:00 horas, na praza de Galiza
A CIG convoca unha concentración para mañá mañá mércores, día 17 de xuño, ás 11:00 horas, na praza de Galiza, para denunciar a situación de represión sindical que padece a CIG por parte do grupo Monbus.
Segundo explica Nacho Pavón, da FGMAT-CIG, a convocatoria responde á sucesión de sancións, cambios nas condicións laborais e despedimentos rexistrados no grupo Monbus a raíz da folga convocada polo convenio colectivo.
Pavón denuncia a persecución que vén sufrindo o persoal que apoia á CIG ou que reclama melloras das condicións laborais dentro do sector. Neste sentido, sostén que o que se demanda son condicións laborais e o cumprimento do convenio colectivo do sector.
Así mesmo, o representante da FGAMT-CIG atribúe á patronal a dirección do conflito e sinala que Monbus é “a principal empresa da patronal” e a que “dirixiu o conflito”. Por iso, fai un chamamento a participar na concentración convocada para mañá na praza de Galiza.