A CIG-Ensino entrega 558 sinaturas das traballadoras/es das escolas infantís de 0-3 anos

Concentráronse diante da CEG en demanda dun convenio digno e xusto

Nacional -

Delegadas/os da CIG-Ensino concentráronse diante da Confederación de Empresarios de Galiza para denunciar a sinatura do XII Convenio Estatal de Infantil, por seguir afondando na precariedade laboral, e reivindicar un convenio galego como única vía de mellora laboral.

Despois das mobilizacións do Primeiro de Maio no que a CIG-Ensino saíu á rúa, en todas as cidades galegas, denunciando a sinatura do XII Convenio Estatal de Infantil, este martes 21 de maio as delegadas/os das escolas infantís de 0-3 anos volveron saír en Santiago, diante da Confederación de Empresarios de Galiza.

No decurso da mobilización demandaron a retirada da sinatura, o próximo 22 de maio, do XII Convenio Estatal de Infantil por seguir afondando na precariedade laboral e salarial e por ser rexeitado maioritariamente polas traballadoras/es do sector. Ademais reivindicáronlle á patronal galega abrir negociacións por un Convenio Galego como única vía posible de lograr melloras laborais e salariais que dignifiquen o seu traballo.

Contra o convenio estatal

Logo da concentración fíxose entrega por rexistro, na propia Confederación de Empresarios, de 558 sinaturas de traballadoras e traballadores que supoñen o 67% das 111 escolas visitadas  dende o 2 de maio, nas que denunciaban o seguinte:

1.- Que non se está a ter en conta no convenio estatal as reivindicacións laborais propias dos traballadores e traballadoras galegas, limitando a capacidade de influír na  negociación.

2.- Que as condicións que sofren os traballadores e traballadoras dos centros galegos afectados polo XI convenio colectivo estatal de Infantil son precarias e que se manterían de asinarse o XII convenio nos termos acordados. Esta precariedade só pode conducir a un deterioro da calidade dun servizo que debería procurar a mellora dos seus recursos materiais e humanos, no canto de centrarse en criterios mercantilistas.

3.- Que rexeitamos a sinatura do XII convenio estatal nos termos acadados o 25 de abril, cada vez máis lesivo para os dereitos laborais e salariais dos traballadores/as que impiden que poidan, estes últimos, realizar dun xeito digno o seu labor, resultando incluso discriminatorio coas categorías. Demandamos que non se leve a cabo esta sinatura do XII Convenio mañá 22 de maio e se negocie cara un acordo que recolla unhas verdadeiras melloras laborais e salariais que rematen nun CONVENIO DIGNO E XUSTO.

4.- Que demandamos que se inicien negociacións, entre patronais e sindicatos galegos, que nos permitan acadar un CONVENIO GALEGO que mellore substancialmente as condicións recollidas no convenio estatal, non só acercando a negociación ás traballadoras/es galegos, senón que poidan ser os verdadeiros protagonistas coas súas decisións e así dignificar as súas condicións laborais e salariais.

5.- Que estamos dispostas e dispostos a comezar un proceso de mobilizacións para exixir o cumprimento destas demandas, non desbotando a convocatoria de folga no sector de ser preciso.

Esta entrega de sinaturas tamén se levará a cabo diante da Mesa de Negociación do convenio en Madrid mañá mércores 22, para denunciar e amosar o rexeitamento xeneralizado das traballadoras/es galegas á sinatura do XII convenio estatal de infantil, freando a mesma e para que se negocien unhas melloras laborais e salariais acordes co traballo a realizar, á responsabilidade e ás exixencias e formación que cada vez se están a requirir no sector.

 

Cómpre ter en conta que tras sete anos de conxelación salarial a única proposta de suba, fóra da aplicación da lexislación estatal do novo salario mínimo interprofesional aprobada polo goberno para todos/as os/as traballadores/as, foi pasar de 925€ a 930€ comezando a pagalos dende o mes seguinte á data de sinatura do convenio, que será o 1 de xuño, e unha cláusula para que se convoque a mesa negociadora se hai modificacións no SMI para adaptar as táboas salariais ao mesmo. Non houbo ningunha mellora laboral en temas de permisos e xornada, continuando esta en 38 horas lectivas semanais, sen tempo para poder facer a programación en horario de presenza nos centros.

 

PROPOSTA TÁBOAS XERAIS:

 

   Para os anos 2016, 2017 e 2018 mantemento dos salarios, é dicir, conxelación.

 

 

MESTRES/AS

TITULADOS/As

EDUCADORES/AS

RESTO

PERSOAL

 

ANO 2019

 

         Suba do 2%

    dende 1 de xuño

 

         930€ dende 1 de xuño 

  (5% suba co C.E. incluído)

 

      900€

 dende 1 de xuño

 

ANO 2020

 

                                             Suba do 2% dende setembro

 

ANO 2021

 

                               Suba do 1% dende setembro(revisable co IPC)

 

PROPOSTA TÁBOAS XESTIÓN INDIRECTA:

 

 

MESTRES/AS

TITULADOS/AS

(grupo cotización 2)

EDUCADORES/AS

( grupo cotización 4)

RESTO

PERSOAL

(grupo

cotización 6)

 

 

 

ANO 2019

Suba do 1,5% (pregos en vigor ou con prórroga)

………………………………………………

 

Suba do 3% (novos pregos licitados dende 1/01/2019)

 

Dende 1/01/2019 nos 2 casos.

 

910€ (pregos en vigor ou con prórroga)

C.E. incluído.

…………………………………………………………………..

 

1000€ (novos pregos licitados dende 1/01/2019)

C.E. incluído.

 

Dende 1/01/2019 nos 2 casos.

 

900€ (pregos en vigor ou con prórroga)

…………………………………….

 

950€ (novos pregos licitados dende 1/01/19)

 

Dende 1/01/2019 nos 2 casos

 

 

 

ANO 2020

 

   Suba do 1,5% dende setembro (pregos en vigor ou con prórroga)

 

3% (novos pregos

licitados dende 1/01/2019)

Dende 1/01/2020

 

1.100€ (novos pregos licitados dende 1/01/2019)

C.E. incluído

Dende setembro

1000€ (novos pregos licitados dende 1/01/2019)

Dende setembro

 

ANO 2021

 

IPC ano anterior cun mínimo do 2% de suba.

Dende setembro

1.122€    (para todo tipo de pregos)

C.E. incluído

Dende setembro                        

1020 € (para todo tipo de pregos)

 

Dende setembro

         

     A partir de setembro de 2021, o grupo mestras/es igualarán salarios cos novos pregos dende 1/01/2019.     

 

 

 

 

Volver