A CIG fai un chamamento a participar nas mobilizacións convocadas pola MMM en denuncia do asasinato de tres activistas kurdas

En Galiza está convocada unha protesta o vindeiro xoves, día 21 de xaneiro, ás 20:00 horas, diante do consulado de Turquía na Coruña
Compostela - 18 Xan 2016
A CIG chama a participar na mobilización convocada pola Marcha Mundial das Mulleres o vindeiro xoves, día 21 de xaneiro, na Coruña, diante do consulado turco en protesta polo asasinato, o pasado día 4 de xaneiro,  de tres mulleres activistas kurdas. Unha mobilización que se desenvolverá baixo o lema “Polas mulleres Kurdas. Pola paz”.

CHAMADA À ACCIÓN da Marcha Mundial das Mulleres

A nosa solidariedade coas mulleres e o pobo kurdo

O 8 de xaneiro de 2016 realizouse o funeral de tres loitadoras e compañeiras, Pakize Nayir, Fatma Uyar e Sêve Demir, asasinadas polas forzas de seguridade do goberno turco o 4 de xaneiro en Silopi.

Nós, da Marcha Mundial das Mulleres sentímonos en particular moi golpeadas por este crime. No 2015, as crises e os conflitos armados non nos impediron organizar a 4ª acción internacional en todas as partes do mundo, mesmo en lugares de conflito armado, no campo, nas periferias, nas montañas, onde hai mulleres en resistencia. Como parte da acción internacional, a Caravana feminista europea foi lanzada no territorio kurdo, estivemos n.o interior da Turquía para apoiar e reforzar ás mulleres kurdas na súa loita pola autonomía e autodeterminación sobre os seus corpos e os seus territorios. Tamén dando visibilidade ás alternativas construídas pola resistencia das mulleres ao sistema capitalista, colonial e patriarcal.

Nos días 6 e 7 de marzo do 2015 miles de mulleres da rexión de ambos os lados da fronteira entre Turquía e Siria xuntáronse para participar nun foro de debates, actividades culturais, manifestacións como parte da actividade de despregamento da 4ª acción en Nusaybin, cidade dividida pola fronteira. As mulleres que xogan un importante rol na construción dunha nova sociedade compartiron as súas experiencias inspiradoras sobre a autodefensa das comunidades locais.

Desgraciadamente, ultimamente o conflito entre o goberno turco e o pobo kurdo renovou debido ao fracaso das conversacións de paz tralas eleccións xerais turcas en xuño de 2015. Este novo momento do conflito o resultado é a morte de centenas de civís, a maioría mulleres nenas e nenos, de centenas de feridos e miles de persoas encarceradas. As asembleas populares municipais kurdas declararon a autodefensa como resposta á violencia da policía estatal nas cidades do territorio kurdo. Foron encarcerados 17 alcaldes dos gobernos populares, incluso Sara Kaya, que nos recibiu coa 4ª acción internacional en Nusaybin.

As cidades que declararon o autogoberno están a ser atacadas, fóiselles imposto un toque de queda que implica o corte de electricidade, auga e comunicación. Calquera persoa que estea na rúa, non importa que sexa criatura, persoa maior, muller embarazada ou enferma, son asasinadas por francotiradores. En canto as persoas son feridas non poden buscar atención médica. As persoas non poden sepultar os seus mortos. O toque de queda deixa as persoas secuestradas nas súas casas por semanas sen ter o que comer, isto agrava a situación de saúde. Nesta situación o aumento dos abortos espontáneos teñen aumentado. En Nusaybin o toque de queda foi decretado sete veces e o último, decretado no 14 de decembro segue en vigor.

Nesta situación, tres mulleres activistas kurdas foron asasinadas polas forzas de seguridade o pasado 4 de xaneiro en Silopi. Unha delas, Séve Demir, coordinou os eventos de lanzamento dá 4ª acción internacional da Marcha Mundial das Mulleres en Nusaybin.

Acción:

Denunciamos este asasinato político e chamamos as Coordinacións nacionais a organizar protestas fronte ás embaixadas de Turquía e enviar cartas no 21 xaneiro de 2016 para condenar o asasinato de tres mulleres kurdas activistas e esixir:

- A fin da impunidade e que os/as responsables respondan polo seu crime ante a xustiza

- A fin dos asasinatos de activistas políticos, defensores de dereitos humanos e xornalistas.

- A fin do toque de queda militar en cidades kurdas

- O retiro das forzas militares e paramilitares das cidades kurdas

- Declarar cesamento do fogo e renovar as conversacións de paz

- Deter o abuso, insultos e malos tratos das persoas e en especial ás mulleres

Estaremos en marcha ata que todas sexamos libres!