A CIG faise con 8 dos 9 delegados/as que se escollían no comité do Concello de Xinzo

A central nacionalista logrou 67 votos, fronte aos 12 de CCOO

Xinzo -

A CIG gañou por unha amplísima maioría as eleccións sindicais que se veñen de celebrar no Concello de Xinzo de Limia, ao lograr 8 dos 9 delegados/as que se ecollían no comité de empresa.

A central nacionalista obtivo un total de 67 votos entre o persoal laboral municipal, fronte aos 12 que sumou CCOO, que se fixo cun só representante.

Dende a Unión Local de Verín-A Limia lembran que estes resultados tan positivos para a CIG prodúcense despois dun mandato de catro anos “tan complicado como o pasado, no que participamos no xuízo de inhabilitacion do anterior alcalde”.

Finalmente, agradecen a confianza amosada polos traballadores/as no proxecto sindical que representa a CIG e trasládanlle os seus parabéns tanto aos representantes elixidos/as como ao cadro de persoal laboral do Concello, “que soubo unir forzas no único sindicato que defende realmente os seus dereitos”.

 

Volver