A CIG gaña as eleccións sindicais á xunta de persoal do Concello de Fene

A central obtivo 3 dos 5 delegados/as que conformarán o órgano de representación

Fene -

A CIG gañou as eleccións sindicais do persoal funcionario do Concello de Fene, ao lograr tres dos/as cinco delegados/as do órgano de representación. Nas eleccións participaron un total de 59 traballadores/as dun censo de 62 funcionarios/as, o que supón unha participación do 95,16%.

A estas eleccións concorreron tres candidaturas que acadaron os seguintes resultados:

Candidatura

Votos

%

Delegados/as

2019

Delegados/as

2015

CIG

39

66%

3 (+1)

2

UXT

11

19%

1 (=)

2

CSIF

9

15%

1 (-1)

1

A CIG revalida a maioría en número de votos

A CIG quere agradecerlle ao funcionario do concello o seu apoio nestas eleccións "que nos permitiu revalidar a maioría en número de votos (2/3 do total) e subir a representación na xunta de persoal con 1 delegado/a máis a respecto das eleccións de 2015".

Estes resultados electorais poñen de manifesto que o funcionariado do Concello de Fene referendou a política sindical que a CIG levou a cabo durante estes últimos catro anos, "demandando unha auténtica negociación fronte á imposición do actual goberno municipal co apoio e a complicidade dunha  parte da representación sindical".

Compromiso "para traballar arreo"

Neste senso, os/as representantes da CIG subliñan que seguirán "traballando arreo para promover un clima de diálogo, boa fe negociadora e respecto mutuo que nos permita  establecer e sentar as bases de futuros acordos sobre todos aqueles temas que incluímos no programa co que concorremos a estas eleccións".

Asemade, a CIG traballará por revalidar a súa maioría nas eleccións ao comité de empresa, órgano de representación do persoal laboral, que terán lugar nas vindeiras semanas.

Volver