A CIG gaña as eleccións entre o persoal funcionario e laboral da Administración Xeral do Estado

A central logrou 46 dos 148 delegados/as que se escollían nas catro provincias galegas

Nacional -

A CIG gañou as eleccións sindicais que se veñen de celebrar entre o persoal da Administración Xeral do Estado ao lograr 46 dos 148 delegados/as que se escollían nas catro provincias galegas. A central foi a forza que máis delegados/as sumou en Pontevedra e na Coruña, mentres que no caso de Ourense e Lugo empatou con outras organizacións como a forza con máis representación.

Unha vez rematado o proceso electoral, a CIG-Administración conta cun total de 46 delegados/as entre o persoal funcionario e laboral das catro provincias, situándose a continuación a CSIF con 33 e CCOO con 27; UGT/ACAIP sumou 23, mentres que a USO fíxose con 10; TAM e APFP con 3 cada un, CGT con 2 e FEDECA con 1 completan a representación nos comités de empresa e nas xuntas de persoal.

A central gañou as eleccións tanto entre o persoal funcionario como laboral. No primeiro caso obtivo 27 representantes, mentres que a CSIF sumou 22; UGT/ACAIP logrou 14, CCOO 12 e 10 a USO; completan a representación TAM e APFP con 3 cada un, CGT con 2 e FEDECA con 1. Entre o persoal laboral a CIG fíxose con 19 delegados/as, fronte os 15 de CCOO, os 11 da CSIF e os 9 de UGT/ACAIP.

Por provincias, logrou a vitoria tanto na Coruña (15 representantes: 8 laborais e 7 funcionarios/as) como en Pontevedra (15 representantes: 6 laborais e 9 funcionarios/as). En Lugo, con 9 delegados/as (4 laborais e 5 funcionarios/as), a central empatou coa CSIF como forza con máis delegados/as, mentres que en Ourense, con 7 (1 laboral e 6 funcionarios/as), empatou con UGT/ACAIP como sindicato con máis representación.

Volver