A CIG-Industria de Ourense convoca unha mobilización contra a represión laboral no grupo Pérez Rumbao

A central reclama a readmisión dun traballador despedido tras reincorporarse dunha enfermidade

Ourense -

A federación de Industria da CIG de Ourense convoca unha nova mobilización para rexeitar a represión laboral no grupo Pérez Rumbao, tras o despido dun traballador de Bétula Cars que se reincorporou á empresa despois de superar unha grave enfermidade. A protesta terá lugar este martes 15 na gasolineira da rúa do Progreso, propiedade do grupo Pérez Rumbao, ás 11:00 horas.

A central presentou unha demanda no Xulgado para reclamar a nulidade do despedimento, xa que a dirección optou por rescindirlle o contrato no mes de xullo, nada máis reincorporarse á empresa tras superar unha grave enfermidade que o mantivo varios meses en situación de baixa por incapacidade temporal. 

A protesta terá lugar este martes na gasolineira da rúa do Progreso ás 11:00 horas 

Ademais, critican que a compañía lle comunicou a decisión un día antes de que o afectado se desprazase a Madrid a realizar unhas probas para confirmar a mellora da súa doenza.

“Aproveitaron a última reforma laboral e un dos contratos lixo legalizado mediante esa reforma para botalo alegando que non superara o período de proba tras máis de oito meses na empresa”, denuncian.

Volver