• 22-07-07_Protesta_Acoso_Laboral_Viaqua_Ourense_01.jpeg
  • 22-07-07_Protesta_Acoso_Laboral_Viaqua_Ourense_02.jpeg
  • 22-07-07_Protesta_Acoso_Laboral_Viaqua_Ourense_03.jpeg
  • 22-07-07_Protesta_Acoso_Laboral_Viaqua_Ourense_04.jpeg

A CIG-Industria de Ourense mobilízase contra o acoso laboral en Viaqua

Desenvolveu unha concentración de delegados/as coincidindo co acto de conciliación no SMAC

Ourense -

A CIG-Industria de Ourense mobilizouse hoxe contra a política represiva que aplica Viaqua coincido co acto de conciliación no SMAC tras a demanda presentada por un afiliado da central sindical inxustamente sancionado pola empresa.

Dende a CIG explican que o afectado presentou unha reclamación, seguindo os procedementos internos, por un posíbel caso de acoso. O instrutor externo sinalou que puido haber abusos, pero non acoso. Agora, poucos meses despois, a empresa sancionou o traballador por unha suposta falta grave, decisión que foi recorrida polo afectado, presentando a asesoría da CIG papeleta de conciliación no SMAC.

“Pero ante a natureza represiva da medida, que pretende que o persoal de Viaqua de Ourense cale ante os abusos, a CIG-Industria de Ourense convocou unha concentración de delegados/as para acompañar o afiliado no SMAC”, explica o secretario comarcal da CIG-Industria de Ourense, Indalecio Gómez.

Finalmente a mediación pechouse con acordo, e dende a CIG agardan que isto supoña a fin do que consideran unha persecución contra o traballador. E insisten que calquera nova medida represiva por parte da empresa “terá a xusta resposta”.

Volver