Un grupo de delegados/as da federación de Industria da CIG de Ourense mobilizouse hoxe coincidindo co acto de mediación no SMAC en solidariedade co delegado de Viaqua apercibido de sanción, que finalmente non figurará como falta leve.
Segundo explican dende a CIG-Industria, a concesionaria do servizo de augas do Concello de Ourense entregoulle un apercibimento de sanción por escrito a un dos representantes sindicais da central “de xeito inxusto” por uns feitos “que non se axustan á realidade”.
Por iso optaron por recorrer xudicialmente a decisión, celebrándose hoxe o acto de conciliación no SMAC, que aproveitaron para desenvolver unha protesta solidaria co afectado e para rexeitar o que consideran un claro caso de abuso patronal.
Finalmente as partes chegaron a un acordo polo que o apercibimento non figurará como falta leve no expediente do traballador, tal e como recolle o convenio.
21 Dec 2023
Usamos cookies para mellorar a túa experiencia de navegación e uso. Consulta a nosa política de cookies e a nosa política de protección de datos. Preme en aceptar para confirmar que aceptas a información presentada e pechar este cadro.